Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


Controlados e estabilizados os incendios forestais en Galicia

A Consellería de Medio Rural ven de dar por controlados e estabilizados os incendios forestais de Galicia, que nestes últimos 11 días queimaron máis de 30.000 hectáreas. Con datos ata as 8:30 horas de hoxe, a Consellería informa de que os últimos incendios en deixar de estar activos foron os que máis superficie arrasaron: os lumes de O Courel (Lugo) e Valdeorras (Ourense). Ademais, tamén lembra o número de teléfono gratuíto 085 ao que debe chamar a cidadanía en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

Lugo

Na provincia de Lugo hai dous incendios, un estabilizado e outro controlado. Por unha banda, nos concellos de Folgoso do Courel e A Pobra do Brollón hai un incendio estabilizando dende as 20:43 horas de onte, iniciado nas parroquias de Vilamor e Seceda (Folgoso) e Saa (A Pobra). Neste sentido, xuntáronse cinco lumes, os dous de Vilamor e o de Seceda e os dous de Saa, que calcinaron un total de 11.100 hectáreas. Neste lume traballan 21 técnicos, 278 axentes, 461 brigadas, 224 motobombas, 13 pas, 1 Unidade Técnica de Apoio (UTA), 20 avións, 27 helicópteros e a Unidade Militar de Emerxencias (UME). Por outra banda, no concello de Quiroga hai un incendio controlado cuxa parroquia de inicio foi Outeiro. Neste lume, que ata o momento arrasou con 250 hectáreas, traballan 2 técnicos, 29 axentes, 159 brigadas, 76 motobombas, 7 pas, 9 avións e 15 helicópteros.

Ourense

No concello de Vilariño do Conso hai un incendio estabilizando dende as 18:28 horas de onte, que queimou ata o momento un total de 6.500 hectáreas. O lume, iniciado na parroquia de Pradoalbar, afecta ao Parque Natural do Invernadoiro e nel traballan 6 técnicos, 82 axentes, 159 brigadas, 76 motobombas, 7 pas, 9 avións e 15 hectáreas. Por outra banda, hai un incendio controlado dende as 20:25 horas de onte no concello de Carballeda de Valdeorras, polo que se desactivou a Situación 2. No lume, que comezou na parroquia de Riodolas, traballan 16 técnicos, 109 axentes, 223 brigadas, 95 motobombas, 5 pas, 12 avións, 13 hectáreas e UME. Ata o momento, o incendio calcinou un total de 10.500 hectáreas e afecta ao Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra. Por último, o incendio do concello de Oímbra foi extinguido ás 22:43 horas de onte grazas ao traballo de 6 técnicos, 32 axentes, 94 brigadas, 61 motobombas, 3 pas, 8 avións e 5 helicópteros. O lume, que entrou dende Portugal, tivo inicio na parroquia de Rabal e calcinou un total de 2.100 hectáreas.

Comparte esta noticia