Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS, INFRACTOR AMBIENTAL CONTUMAZ

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil notificou a Amigos da Terra (na súa condición de entidade denunciante) a proposta de resolución do expediente sancionador contra o Concello de San Cibrao das Viñas polos vertidos realizados no meses de xullo e setembro de 2019 e xaneiro de 2020 e que foran denunciados por Amigos da Terra e pola plataforma Ríos Limpos, ademais de varios particulares.

A comunicación que o organismo fai á entidade ecoloxista está en relación ao expediente sancionador contra o Concello de San Cibrao das Viñas polo “incumprimento das condicións establecidas na autorización de vertido outorgada ao superar os limites máximos de emisión do vertido para os parámetros DQO ( demanda química de oxixeno) e deterxentes e as normas de calidade para fosfatos e deterxentes, todo elo causando danos ao dominio público hidráulico”.

Para Amigos da Terra resulta salientable que estes vertidos, producidos de xeito continuado durante os anos 2019 e 2020, ocasionaron “danos valorados en 106.251,13 €”como consecuencia dos danos producidos ao dominio público hidráulico a causa dos vertidos contaminantes de deterxentes, e unha indemnización en concepto de multa por importe de 500.000 €, tratándose ademais dunha autorización de vertido do ano 2004, xa transgredida polo concello de San Cibrao en múltiples ocasións.

Pero esta previsible multa (o expediente segue en tramitación) é so a última dunha longa lista, con máis de 10 expedientes condenatorios nos últimos 10 anos, na que destaca a sanción que se lle impuxo por un importe que superaba os 114.000 euros por uns vertidos realizados en marzo de 2010,  e en decembro de 2010  por importe de 32.832 euros, mais outras sanción de 18.700 euros no ano 2013, de 10.000 euros no 2015, e 83.000 euros no ano 2016.

Amigos da Terra demanda ademáis  «a aplicación de outro tipo de sancións denominadas funcionais, como a revocación de autorizacións ou o peche de instalacións alén da publicación dos datos empresariais daquelas empresas que danan ao medio ambiente e poñen en serio perigo a saúde das persoas. Está claro que esta depuradora é inútil e debe de ser substituída por unha nova infraestrutura, adecuada as necesidades presentes e futuras, que garanta o adecuado tratamento das augas residuais antes do seu vertido ao rio Barbaña».

Comparte esta noticia