ConBici celebra a súa Asamblea Xeral 2022 do 1 ao 3 de abril en Santiago de Compostela
Os vindeiros días 1, 2 e 3 de abril terá lugar a Asamblea Xeral anual da Coordinadora Nacional en Defensa de la Bicicleta (ConBici), asociación sen ánimo de lucro que representa a todos os colectivos vencellados á mobilidade en España. A asamblea deste 2022, que se celebrará presencialmente en Santiago de Compostela e con seguemento tamén por vía telemática, parte con obxectivos importantes como a renovación de cargos dentro do Consello de Coordinación e Áreas; a creación do posto de Xerencia; e tamén un novo Congreso Ibérico da Bicicleta e a Cidade para este ano.
O venres 1 de abril terá lugar unha xornada institucional en Compostela, con actos do Consello de Coordinación ante a administración local e a Universidade de Santiago de Compostela (USC). Laura Vergara, coordinadora xeral de ConBici, manterá unha reunión ás 10:00 horas co director da Axencia Galega de Infraestruturas e outra ás 11:00 horas co alcalde do Concello de Santiago. Tamén participará ás 13:00 horas no programa da cadena SER «Hoy por hoy Santiago«, dirixido por Ainhoa Apestegui. Finalmente, ás 19:00 horas, terá lugar unha charla/coloquio titulada «Activando a mobilidade en bicicleta» no Centro de Estudos Avanzados da USC coa participación dos membros do Consello de Coordinación de ConBici e a asistencia do concelleiro de mobilidade de Santiago.
O sábado 2 de abril, na Facultade de Física da USC, celebraranse as xuntanzas dos grupos de traballo especializados de ConBici (Mobilidade, Cicloturismo, etc). Dende as 12:00 horas ata as 20:00 horas (con pausa para a comida de 14:00 a 16:00) celebrarase a Asamblea Xeral 2022 de ConBici. Pola súa parte, o domingo 3 de abril terá lugar unha salida cicloturista de confraternización (na que participarán os representantes dos colectivos de ConBici) pola cidade de Santiago, saíndo do Parque da Alameda ás 11:30 horas. Os participantes poderán solicitar unha bicicleta de alquiler, ademais de aloxamento e comidas.
Cabe destacar que, co obxectivo de facilitar as xestións organizativas e necesidade de aloxamento, a organización pide a confirmación de asistencia mediante a cumplimentación dun formulario no que se poderá tamén solicitar as reservas de aloxamento e dietas necesarias. Ademais, tamén será posible seguir a Asamblea Xeral por vía telemática mediante unha ligazón de Teams.