Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


Como afectan os combustibles fósiles á saúde e ao medio ambiente?

A contaminación atmosférica provocada polos combustibles fósiles ten un elevado custo na saúde e no medio ambiente. Segundo os datos do informe “Aire tóxico: el precio de los combustibles fósiles” de Greenpeace e o Centro de Investigación en Enerxía e Aire Limpo, 4,5 millóns de mortes prematuras cada ano están relacionadas coa contaminación do aire causada pola queima de combustibles fósiles (principalmente carbón, petróleo e gas). Neste sentido, o aire contaminado incrementa a incidencia de enfermidades crónicas e agudas, vinculadas con millóns de asistencias hospitalarias.

Segundo o informe, este tipo de contaminación supón tamén unha importante ameaza para a saúde infantil, especialmente nos países menos desenvolvidos. En todo o mundo, uns 40.000 nenos e nenas morren no seu primeiro ano de vida por causa da exposición a partículas PM 2.5 provocadas polos combistibles fósiles. Estas mesmas partículas tamén provocan arredor de dous millóns de partos prematuros cada ano. Ademais, o NO 2, un subproduto procedente da combustión de automóbiles, centrais eléctricas e industrias, relaciónase cuns catro millóns de novos casos de asma infantil cada ano, con a proximadamente 16 millóns de menores en todo o mundo vivindo con esta enfermidade.

Ademais, esta situación afecta gravemente á economía. A contaminación dos combustibles fósiles, segundo datos do informe, cústalle ao mundo arredor de 2,9 billóns de dólares ao ano, aproximadamente un 3,3% do PIB mundial. Estímase que só a esposición a partículas PM2.5 está detrás de 1.800 millóns de xornadas de traballo perdidas por enfermidade cada ano en todo o mundo. Isto equivale a unhas perdas económicas de 101.000 millóns anuais.

No caso de España, o custo total da contaminación causada polos combustibles fósiles calcúlase en 23.631 millóns de dólares anuais no escenario máis probable, o que equivale ao 1,68% do noso PIB. Do mesmo xeito que acontece no cómputo global, desglósanse os custos derivados da contaminación por micropartículas, ozono e dióxido de nitróxeno. Os incumprimentos nos niveis máximos deste último contaminante (o que procede fundamentalmente dos automóbiles de combustión) motivaron a levar a España ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea. Así, España enfróntase a sencións pola inacción de sucesivos gobernos para garantir os valores de calidade do aire xurídicamente vinculantes.

Solucións

O aire contaminado é unha ameaza mundial, mais as solucións dispoñibles son cada vez máis abundantes e económicas. De feito, moitas das medidas contra a contaminación dos combustibles fósiles tamén son efectivas contra o cambio climático. O transporte limpo e as enerxías renovables ofrecen reducións de substancias tóxicas, mais tamén contribúen a reducir as emisións á atmósfera dos gases de efecto invernadoiro causantes do cambio climático. Ademais, está demostrado que as medidas para combatir a contaminación atmosférica ofrecen importantes retornos económicos.

En canto ao transporte, o informe indica que os vehículos privados saturan as rúas e crean inmensos atascos, mentres que os seus motores diésel e gasolina arroxan substancias contaminantes que ameazan a saúde da poboación. Así, a transición a un transporte asequible e cero emisións é crucial para asegurar unhas cidades saudables. Para conseguilo, é necesario priorizar os sistemas de transporte público rápidos e eficaces e compañalos de maiores espazos para o peatón e a bicicleta. Unha das vías máis eficaces para que os gobrnos poidan impulsar un transporte sostible é establecendo unha data final para os vehículos de combustión interna, priorizando o transporte público e construíndo novas infraestruturas peatonais e ciclistas.

No tocante ás enerxías renovables, o informe subliña que fixar o peche das instalacións de carbón, petróleo e gas é esencial para evitar os peores impactos do cambio climático e para mellorar a saúde a través da redución da contaminación. O peche das centrais de carbón conleva beneficios sanitarios superiores ao valor da electricidade xerada. Así, a transición ás enerxías renovables é esencial tanto para previr as catástrofes ligadas ao cambio climático como para protexer a saúde da poboación mundial.

Comparte esta noticia