Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


Comezan as Xornadas Acción Terra, promovidas por ADEGA para conmemorar o Día da Terra

Hoxe, venres 22 de abril, comeza Acción Terra, unhas xornadas de medio ambiente e sustentabilidade que organiza a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a UNED de Lugo para celebrar o Día da Terra. Trátase dunha semana de mesas redondas e conferencias para coñecer proxectos, asociacións e colectivos que promovan un estilo de vida sustentable, así como a protección da biodiversidade e da calidade ambiental, claves para levar a cabo unha transición ecolóxica xusta. As actividades terán lugar os días 22, 25, 26, 27, 28 e 29 de abril, nas instalacións do campus da UNED e o Campus Terra da USC en Lugo. Todas as actividades son totalmente gratuítas e están abertas a todo o público en xeral, especialmente ao estudantado universitario.


Nas xornadas participarán persoas e colectivos como Antonio Rigueiro (USC), Carmen Granxeiro (Documental Nun tempo de horta), Marta Pérez Freire (Bico de Grao), Dora Cabaleiro (Ribeiregas e Sindicato Labrego Galego), Gabriel Lopes (Sociedade civil Lagar d’a Granha), Emilio Carral Vilariño (USC), Oscar Rivas (Fundación Oso Pardo e Asociación Galega de Custodia do Territorio), Catuxa Varela Dopico (Grupo CoPeMol da USC), Manuel Arzúa (Asociación Morcegos de Galicia), Concha López Lamas, Ana López Beceiro (USC), Gemma San Pedro (Cabuxa Natur), Xosé García Freire (Casa da Fonte),  David Outeiro (Fonsagrada), Ruth Rodríguez bermúdez (USC), Celsa Sánchez Vázquez (Sesión de relajamiento), Adela Figueroa Panisse (presidenta de ADEGA Lugo), Tonio Nogueira (ADEGA), José Antonio Eiras Vila (Nosa Enerxía), Aranza González (Aire Limpo nas Mariñas-Mandeo), Montes de Tameiga (Comunidad de Montes), Benito García (Galicia Ambiental), Coidemos Lugo, Greenpeace, Ecologistas en Acción, Carlos Taibo…


Programa

Venres, 22 de abril: “Día da Terra”

Punto de encontro: Heliporto do Pavillón Central na Facultade de Veterinaria

17:30 – 18:15 Apertura e recital de poesía pola Terra

18:15 – 20:00 Acción de limpeza do Campus Terra


Luns, 25 de abril: “Soberanía alimentaria”

EPS de Enxeñaría (Aula 10)

18:30 – 19:15 Proxección do documental «Nun tempo de horta»

19:30 – 21:00 Mesa redonda: Soberanía Alimentaria


Martes, 26 de abril: “Fauna silvestre”

Facultade de Veterinaria (Sala de Xuntas)

19:30 – 21:00 Mesa redonda: Fauna Silvestre Autóctona


Mércores, 27 de abril: “Gandería sustentábel”

Facultade de Veterinaria (Sala de Xuntas)

19:30 – 21:00 Mesa redonda: Gandería Sustentábel


Xoves, 28 de abril: “Chamamento para construírmos espazos saudábeis”

UNED Lugo (Para participar é preciso inscribirse a través da sede electrónica da UNED Lugo) 

18:00 – 18:15 Relax imaxinativo da man de Celsa Sánchez Vázquez

18:15 – 20:00 Xornada de debate guiado por Adela Figueroa Panisse (presidenta ADEGA-Lugo)


Venres, 29 de abril: “Decrescimento, colapso e transición”

EPS de Enxeñaría (Sala de Xuntas)

17:00 – 18:30 Mesa redonda: Transición Enerxética. Participarán Tonio Nogueira (ADEGA), José Antonio Eiras Vila (Nosa Enerxía), Aranza González (Aire Limpo nas Mariñas-Mandeo) e Gonzalo Pérez Vázquez (CMVMC Tameiga). A mesa redonda estará moderada por Benito García (Asociación Galicia Ambiental), xornalista especializado en comunicación ambiental.

UNED Lugo (Para participar é preciso inscribirse a través da sede electrónica da UNED Lugo) 

20:00 – 21:30 Conferencia de Carlos Taibo

Amigos da Terra reclama comunidades enerxéticas con motivo do Día da Terra

Con motivo do Día da Terra, Amigos da Terra reclama ao Goberno “unhas políticas que impulsen as comunidades enerxéticas e as sitúen como ferramenta clave na loita fronte ao cambio climático”. A organización indica que “avanzar cara á soberanía enerxética baseada en fontes de enerxía renovable con participación cidadá é un dos obxectivos principais e o camiño a seguir”. Este ano o Día da Terra ten como tena central o lema “Inviste no noso planeta”, polo que a organización ecoloxista destaca a necesidade de mudar o “modelo económico cortoplacista” e fai un chamamento ao Goberno central e ás administracións locais para que invistan nas comunidades enexéticas.

Amigos da Terra lembra que a ciencia advirte da necesidade de limitar o quecemento global por baixo do 1,5ºC de temperatura para evitar os peores impactos do cambio climático. Porén, os plans nacionais están “moi lonxe de cumprir cos obxectivos”. Ademais, a ausencia de planificación e a falta de participación cidadá na implantación de enerxías renovables está desencadeando a instalación de megaparques sen unha ordenación territorial planificada. Así, “é patente a necesidade dun cambio de paradigma no sistema enerxético, onde a cidadanía desenpeñe un papel central”.

Por todos estes motivos, Amigos da Terra expón que “mentres as grandes empresas benefícianse da transición enerxética estase desaproveitando o enorme potencial da enerxía comunitaria para xerar enerxía eléctrica limpa e próxima, e crear emprego local”. A organización lembra que é o momento de que o Goberno “traspoña a directiva e estabeza medidas que fomenten a enerxía comunitaria e recoñeza o papel da cidadanía como axente protagonista na transición enerxética”.

Comparte esta noticia