Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


Caza do lobo en suspenso: ADEGA critica a falta de medidas preventivas da Xunta

ADEGA manifestou o seu apoio á suspensión cautelar da caza do lobo ditada o pasado ano polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) e rexeitou a solicitude presentada onte, 26 de xaneiro, pola Consellaría de Medio Ambiente para levantala.

Segundo a organización ecoloxista, a medida cautelar foi adoptada para protexer a poboación de lobo, actualmente nun estado de conservación desfavorable, mentres se resolve no Tribunal Constitucional (TC) o recurso presentado polo “Defensor del Pueblo” contra a retirada do lobo da Listaxe de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial (LESRPE). ADEGA lembra que esta exclusión foi provocada por unha manobra legal do PP no Congreso, apoiada por Vox, Junts e PNV, e considera que vulnera principios constitucionais de seguridade xurídica e non regresión ambiental.

A organización denuncia que a Xunta utiliza un suposto aumento de danos ao gando como escusa para solicitar o levantamento das cautelares, sen aportar informes técnicos que avalen estas cifras. “O incremento de avisos e danos só agocha a inacción e o desleixo da Xunta na aplicación de medidas preventivas reais”, sinala o comunicado de ADEGA, que engade que non existen avaliacións sobre a eficacia das medidas aplicadas nas zonas con maior incidencia de denuncias.

ADEGA tamén critica as declaracións alarmistas da conselleira sobre riscos para persoas maiores ou cans, que cualifica de “estratexia de cortina de fume” para desviar a atención do sector gandeiro das políticas rurais da Xunta, especialmente do seu apoio ao acordo MERCOSUR, que segundo a organización ameaza á gandería extensiva galega con importacións a baixos prezos.

A organización ecoloxista insiste en que a caza non é unha solución e que só frea a aplicación de medidas científicas e técnicas eficaces para conciliar a convivencia entre o lobo e as explotacións gandeiras. ADEGA apelou ao TSXG a manter a suspensión cautelar e instou á Xunta a deixar de usar o lobo como “chivo expiatorio” das súas políticas que, en palabras da entidade, provocan “abandono e desintegración do rural galego”.

Comparte esta noticia