Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


Atrancos á investigación das concesións mineiras en Galicia

A investigación sobre o xeito en que se están a xestionar varias concesións mineiras en Galicia, impulsada ante a Comisión de Peticións da Comisión Europea, vai verse paralizada como consecuencia do voto en contra de PP e PSOE, que vetan así a posibilidade de manter abertas estas “peticións” formuladas por organizacións ecoloxistas galegas. Todo isto seguindo o modelo de participación cidadá impulsado pola propia Comisión, pero que pode ser vetado polos eurodeputados. A través dos seus deputados galegos, o PP votou en contra de manter este trámite e explicou as súas motivacións; en canto ao PSOE, nen siquera compareceu para explicar a decisión (sorpesiva para moitos dos seus impulsores). Isto permitiría que o Parlamento puidera afondar nunha investigación destes proxectos de alto impacto ambiental.

 

Diversas denuncias ecoloxistas chegaron á Comisión de Peticións da Eurocámara en relación varias minas galegas. A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, censurou a decisión de PP e PSOE de pechar estas denuncias referidas ás minas de Santa Comba e Alberta I, afirmando que “é tremendamente grave o incumprimento sistémico de diversas directivas europeas por parte dos proxectos mineiros, tal e como denunciou na súa intervención Joam Evans”. Referíndose á fragmentación dos proxectos, á falta de avaliación ambiental e aos impedimentos para a participación cidadá, Miranda reiterou que é necesario frear calquera actuación que “poña en perigo o medio ambiente e outros medios de vida”. Ademais, destaca o “ecopostureo no que se empeñan as empresas extractivas”, xa que lle sae moi caro a Galicia coa destrución dos sectores produtivos e o deterioro medioambiental.

 

Steve Emmerman, referencia mundial da análise da minería, asegurou na súa exposición que “non é certo que haxa seguridade mineira na UE” e citou como exemplo as minas de San Finx. Sinalou que a mostraxe que se fixo nesta explotación “non é seria nin suficiente, pois non se puideron calcular os niveis de impacto de cadmio, cobre e zinc no marisqueo”. Por outra banda, Alexander Dunlap, incestigador da Universidade de Oslo, criticou que a demanda de mineral mundial fai que se lance a “imposición extractiva”: proxectos mineiros con cantos de serea de postos de traballo que sacrifican ecosistemas e biolan dereitos básicos. Neste sentido, citou as manobras da empresa da mina de Touro, que calificou como exemplo de “ecopostureo”.

 

O deputado ao Parlamento Europeo polo Grupo do Partido Popular Europeo, Francisco José Millán Mon, defendeu a necesidade de conciliar a protección da saúde e o medio ambiente coa competitividade da minería galega. Esa foi a súa postura durante a reunión da Comisións de Peticións do Parlamento Europeo, presidida pola portavoz Dolors Monserrat, na que se debatiron catro peticións relacionadas con tres minas en Galicia (Alberta I, Varilongo e San Finx). Milán Mon asegurou que todas as administracióins públicas están “comprometidas con este obxectivo de protexer á vez a saúde dos cidadáns e a competitividade da economía”. Finalmente, o eurodeputado galego destacou que a Comisión de Peticións decidiu arquivar as peticións relativas ao proxecto Alberta I e Varilongo e unha petición sobre a mina de San Fins, tal e como solicitaba o Grupo Popular.

 

Non houbo, pola contra, posicionamento en sede parlamentaria ou pública do socialismo galego, representado polo MEP Nicolás Gonzalez Casares, que se ausentou do debate evitando incluso menifestar as razóns para este posicionamento socialista. Un deputado que, nos primeiros pasos desta lexislatiura europea, distinguiuse por marcadas posicións ambientalistas. Estas, co tempo, foron suavizándose en asuntos que sitúan en colisión o ambiente e os intereses empresariais. A falta de participación de estoutro deputado galego no debate previo á votación chamou a atención entre os promotores da iniciativa.

 

Denunciada a vertedura de lodos na mina de Varilongo

 

A finais de xuño de 2021, Ángel Berbardo Tahoces, director xeral de Minas desde 2009 ata o pasado novembro e agora xerente da axencia forestal da Xunta, e Justo de Benito Basanta, secretario xeral de Avaliación Ambiental ata finais de 2016, foron citados no Xulgado de Instrución número 1 de Santiago para declarar en calidade de investigados por un presunto delito de prevaricación ambiental relacionado mina de Varilongo (Santa Comba), onde organizacións ecoloxistas denunciaban contaminación ás aigas por metais. Isto débese á autorización por parte da Xunta en 2011 da reapertura da mina de Varilongo sen a axeitada avaliación do impacto ambiental, malia a existencia de informes que alertaban de que a explotación podería contaminar as augas.

 

Uns cinco meses despois, en novembro deste ano, os bombeiros de Santa Comba acudiron á mina de Varilongo, tras recibir un aviso dunha vertedura cara a unha balsa da canteira e que procedía da zona da mina. Ademais, atopouse outra vertedura de maiores dimensións que a anterior e de apariencia “moito máis turbia” no outro lado da montaña”. Os bombeiros non puideron facer nada, mais tomaron fotografías e informaron a Augas de Galicia, que lles comunicou que se enviaría a un técnico para a recollida de mostras.

 

Peticións ao Parlamento Europeo

 

Calquera cidadán da Unión Europea ou residente en calquera dos seus Estados membros pode presentar unha petición ao Parlamento Europeo, sobre un asunto que pertenza a algún dos ámbitos de actividade da UE lle afecte directamente. Esta petición pode consistir nunha queixa ou nunha solicitude e pode estar relacionada con asuntos de interese público ou privado. Así, ofrécese a oportunidade de chamar a atención sobre calquera violación dos dereitos dos cidadáns europeos cometida por un Estado membro, unha autoridade local ou outra institución.

Comparte esta noticia