Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


ASCEL pide ao Ministerio que se poña fin á morte de lobos en España

A Asociación para a Conservación e o Estudo do Lobo Ibérico (ASCEL) ven de reclamar ao Ministerio que se poña fin á morte de lobos en España. Segundo a asociación, a nova situación legal prohíbe con carácter xeral a morte de lobos, xa que esta especie “é un ben público e de interese xeral”. ASCEL presentou o pasado 29 de setembro un Recurso Contencioso Administrativo na Audiencia Nacional contra o Ministerio da Transición Ecolóxica porque a protección do lobo outorgada polo MITERD no LESRPE “é insuficiente e esiximos que sexa incluido no Catáloigo Nacional de Especies Ameazadas como especie Vulnerable, o que a dotaría aínda de maior amparo”. Por este motivo, tras anunciar os gobernos autonómicos de Galicia, Asturias, Castela e León e Cantabria recursos contra a orde ministerial que determinou a protección do lobo en toda España, ASCEL recorreu ante a Audiencia Nacional, pero en sentido contrario.

 

ASCEL resaltou o descoñecemento dos gobernos autonómicos, porque a Constitución sinala que a competencia na protección das especies silvestres corresponde ao Estado, e que a lei básica ministerial do Patrimonio Natural e a Biodiversidade “prevalece sobre as normas autómicas”. Ademais, a inclusión dunha especie no LESRPE ou no Catálogo Español de Especies Ameazadas é competencia exclusiva do Estado.

 

A Xunta de Galicia recorreu a orde ministerial pola que se inclúe ao lobo no Lespre

 

A Xunta de Galicia recorreu ante os tribunais a orde ministerial pola que se inclúe o lobo ibérico na Listaxe de Especies Silvestres de Protección Especial (Lespre) e pediu que se adopten medidas cautelares de suspensión que paralicen súa eficacia ata que haxa un pronunciamento final da xustiza. Esta decisión, segundo explicou Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, “non se ampara en ningún estudo científico” e afectará de forma directa a Galicia, unha das principais comunidades lobeiras de España. “Estamos ante unha medida que nos causa sorpresa, frustración e indignación. É moi triste que por parte dun Ministerio non haxa diálogo coas comunidades que ao longo de moitos anos tivemos os nosos plans específicos de protección do lobo”, declarou Vázquez. Ademais, lembrou que a Xunta leva anos xestionando as poboacións desta especie en solitario e con éxito. Porén, sinalou que, a partir de agora, “a potestade” que tiñan as comunidades e os seus plans de xestión “decaen” e por tanto, “os gandeiros e a xente que vive no rural quedan nunha situación moi delicada”.

 

Deste xeito, Vázquez resaltou o impacto directo que terá para este sector a inclusión do lobo no Lesrpe en condicións “asimilables” a especies en perigo de extinción, tendo en conta que a Xunta xa non poderá conceder axudas económicas. “Foi o Ministerio para a Transición Ecolóxica o que quixo ter a potestade sobre o lobo e é o propio Ministerio quen debe solventar as posibles problemáticas ou danos que poida provocar o lobo”, declarou a conselleira. Por todo o exposto, concluíu que á Xunta “non lle queda máis remedio” que acudir á vía xudicial para frear a aplicación dunha orde que, engadiu, o MITECO publicou hoxe sen previo aviso ás catro comunidades lobeiras que durante un ano traballaron de forma construtiva e facendo múltiples achegas para que esta medida non fora aprobada. Deste xeito, no seu recurso contencioso-administrativo, Galicia esixirá que se adopten medidas cautelarísimas de suspensión da orde, co fin de paralizar a súa eficacia práctica ata que exista un pronunciamento definitivo por parte da xustiza.

 

 A visión dos xuristas

 

Eva Blasco Hedo, responsable da Área de Investigación e Formación do Centro Internacional de Estudos de Dereito Ambiental (CIEDA-CIEMAT), é autora dunha Orde publicada no portal Actualidad Jurídica Ambiental sobre o lobo ibérico. “O primeiro capítulo de título III da Lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade, establece a posibilidade de outorgar réximes especiais de protección a aquelas especies, subespecies e poboacións de flora e fauna silvestres cuxa actuación así o requira”. Neste contexto, explica que o MITECO tramitou unha proposta de ASCEL para a inclusión de todas as poboacións do lobo presentes en España no Catálogo, ben na categoría “Vulnerable” ou, no seu defecto, no Listado.

 

Segundo Blasco, a través desta Orde instáurase “un novo marco xurídico en virtude de cal o nivel de protección para o lobo unifícase en todo o territorio nacional, así como as medidas preventivas, indemnización e os mecanismos de control para evitar e paliar os danos por ataques á gandería extensiva”. Ao efecto, o lobo ibérico inclúese no Listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial (LESPRE). Segundo a xurista, o MITECO explicou que a Orde ven respaldada polo Consello de Estado, “ao contar cunha base científica sólida”: a súa inclusión neste listado responde a importancia da especie como patrimonio cultural, científico e tamén polos servizos ambientais que produce a presenza deste animal nos ecosistemas.

 

 A visión de Galicia Ambiental

 

A Xunta insiste en que coa incorporación ao listado queda sen efecto o seu plan de xestión e que agora non poden facer nada. Dende Galicia Ambiental considérase que isto non é certo, pois non quedan pechadas todas as posibilidades que lle competen á Xunta para poder atender á problemática que ten o gando asociada á protección do lobo. Todo o contrario, mentres que teña lugar esta situación transitoria, á espera de que se aprobe unha nova Estratexia a partir da cal orientar as Comunicades Autónomas (con competencias en Medio Ambiente) para a elaboración dos futuros Plans de Conservación, poden activar outra serie de mecanismos perfectamente válidos.

 

Que se pode seguir aplicando conforme ao Plan de Xestión que era aplicable ata a entrada da protección? A efectos prácticos, a parte principal do plan de xestión, é dicir, do que a Xunta máis interesaba aplicar, era e é o sistema de regulación e autorización de controis poboacionais (capitulo IV do Plan). Esa parte non queda suspendida coa nova protección, queda sometida ao que indica a Disposición Adicional Primeira. Os controis para que se autoricen deberán cumprir unha serie de comprobacións, que son practicamente as mesmas xa recollidas no Plan. As axudas para prevención poden seguirse mantendo. Aparte de axudas para medidas de prevención (artigo 20), no plan xa non era obrigatorio, a Xunta tiña e ten a capacidade de fomentalas, vén sexa vía Plan ou mediante outros mecanismos. Nada lle impede agora, por exemplo, á Consellería de Medio Rural, fomentar e pagar axudas para mellora do manexo preventivo do gando fronte a fauna silvestre. De feito Medio Ambiente, xa anunciou a semana pasada 600 mil euros para prevención. Aí queda demostrado que poden facelo.

 

En canto aos pagos por danos, a valoración e comprobación dos danos non decae en aplicación da disposición adicional para poder autorizar os controis. Deben seguir levantándose actas de inspección e quedarán rexistrados os danos, pois sen estas actas non se podería estudar a posibilidade de conceder ou non controis. Nada impide que sigan a reunirse as comisións provinciais de danos, no marco desas medidas necesarias provisionalmente para autorizar ou non os controis á vista das actas de danos levantadas. Polo tanto, a verificación dos danos, como parte integrante do expediente para autorizar controis, teñen encaixe dentro da parte non suspendida do Plan. O resto de actuacions previstas no Plan de xestión, as relativas a estudos científicos, novas zonificacións educación ambiental, avaliacion e seguimento do cumprimento… quedan suspendidas.

 

O desexable sería que a Xunta asumira dunha vez que o lobo xa é unha especie protexida, mediante un mecanismo normativo reglado e democrático, sustentado en base a un criterio técnico dun comité científico. Sería óptimo que se puxera a desenvolver as medidas que foran necesarias, ainda que sexan provisionais, para favorecer que o novo estatus legal da especie se aplique coa maior normalidade.

Comparte esta noticia