Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


Altri. As asistencias técnicas dan explicacións. O proxecto nin ten os terreos nin a aceptación veciñal

A primeira sesión explicativa de representantes da firma promotora na Casa da Cultura en Palas de Rei deixa en evidencia a natureza especulativa do proxecto. A sorpresa dos asistentes chegou cando se revelou que a continuidade do proxecto dependía en gran medida das subvencións públicas que esperaban obter. A finca Quintas, mencionada como a localización proposta para a fábrica, xerou aínda máis controversia cando o herdeiro do terreo negou recibir ningunha oferta de compra venda, cuestionando así a lexitimidade de situar a planta nese lugar sen sequera asegurar a adquisición do terreo.

Os veciños aproveitaron a intervención para preguntar polos demais terreos que se van a expropiar, ao que o representante de Altri respondeu que xa falaran cos propietarios e que moitos deles estaban conformes, algo que a veciñanza non estaba de acordo. Así mesmo, afirmou que el non elexía os terreos.

En canto a data esperada para o suposto comezo das obras, o representante de Altri admitiu que "é unha tecnoloxía moi custosa que require axudas públicas. Se esas axudas públicas non veñen, o proxecto non se pode realizar". E, explicou que “se non viñemos en decembro de 2022 é porque non tiñamos un proxecto técnico completamente definido e pechado para poder explicárvolo adecuadamente e que puidésedes ter información os veciños para facer as preguntas que necesitásedes”.

Os veciños expresaron en reiteradas ocasións a súa preocupación polos posibles efectos ambientais e de saúde pública do proxecto, especialmente tras revelarse que se esperaba liberar grandes cantidades de substancias nocivas no aire e a auga, excedendo incluso os límites establecidos no estudo de impacto ambiental. “Sábense as substancias que se van a soltar e as repercusións que poden ter sobre as persoas?”, preguntoulles de forma retórica un veciño, “8,7 toneladas diarias de xofre, oxido sulfuroso, óxido nitroso, 6.200kg de oxidos nitrosos, datos do seu propio estudo de impacto ambiental. Isto só polo aire, pola auga tiraranse outras cousas, entre elas, 60.000 litros de sulfatos ao día, incumprindo o estudo de impacto ambiental”, lles explicou este, sabendo xa a resposta. O alcalde de Palas de Rei, pola súa banda, expuxo que haberá que ver se iso segue a normativa establecida e que se o proxecto adáptase a esta non debería haber problema.

Con todo, o representante de Greenfiber afirmou que pretenden ter a planta uns 50 anos, e que as esixencias do pobo valoraranse unha vez estea a planta en marcha. A empresa lusa anunciou tamén que a planta se alimentará co sobrante de eucalipto producido en Galicia e enviarase fóra da rexión, sen a necesidade de plantar máis. Coa creación de 500 empregos directos e máis de 2.000 indirectos, a empresa explica que pretende protexer o impacto socioeconómico.

Fontes do sector forestal confirman a falsedade do argumento, segundo o cal a nova factoría aproveitaría “un excedente” de eucalipto no noroeste peninsular. Como demostra o feito de que as factorías de Ence en Pontevedra e Navia importan eucalipto tanto por terra como por mar. Á vez que, desde fai un lustro, está a producirse un desembarque continuado de operadores para adquirir chan produtivo ou novo no que desenvolver novas plantacións unha vez finaliza a moratoria do eucalipto. Entre elas desde o ano 2018, no que, en Galicia, a antiga Portucel Soporcel, agora The Navigator Company, empezou a comprar e arrendar parcelas para abastecerse de madeira deste tipo.

Marta Gontá, a portavoz da Plataforma Ulloa Viva, afirma que “foi unha xornada que aclarou moitas cosas” pero que seguen tendo moitas preguntas. “Acaban de dicir que non había proxecto nin estudo de impacto ambiental ata hai uns meses, pero resulta que a Xunta leva desde 2022 defendendo algo que é bo e marabilloso e que é sostible cando aínda non estaba o estudo ambiental feito. Entón, o primeiro que quereriamos que nos respondese a Xunta ou Rueda ou quen lle toque é que intereses teñen en que este proxecto salga adiante, porque defendelo antes de que o estudo estea feito non ten moito sentido”.

Fan tamén, desde a plataforma, un chamamento a Rueda tras descubrir que serán uns 500 postos directos, segundo explicou a propia Altri, cousa Ángeles Vázquez dicía en rolda de prensa hai uns días que ían ser 2.500 postos directos. Entenden que se esta é unha empresa seria, polo que ven necesario que teñan unha resposta contundente desde o partido tras “enganar á poboación”.

Outro dos temas que causou descontento é a cantidade de pasta de celulosa que se vai a fabricar en comparación coa fibra téxtil lyocell, que era o por que de facer esta planta. Segundo explicou o técnico, unha tonelada de celulosa é o que necesitan para facer unha tonelada de lyocell, pero eles pretenden facer 400.000 toneladas de celulosa e 200.000 de lyocell. “Polo que seguimos sen saber que pasa coas outras 200.000 toneladas de celulosa”, expón a portavoz de Ulloa Viva.

Así como tamén houbo controversia en canto ao tema da auga. “Din que a auga é boísima, polo que non entendemos como a devolven ao río e non a reutilizan ata que necesiten máis, quedando isto sen contestar”, dixo con gran desconcerto Marta Contá ao finalizar a reunión. Do mesmo xeito declarou que “desde a Plataforma Ulloa Viva queremos dicir alto e claro que non llo imos a permitir e que imos chegar ata onde faga falta”.

A publicación no Diario Oficial de Galicia da solicitude de autorización ambiental integrada, xunto co estudo de impacto ambiental e outros documentos relacionados, abriu un prazo de 30 días hábiles para que os cidadáns presenten alegacións ou observacións, contando a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no DOGA, o 4 de marzo de 2024.

Comparte esta noticia