Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


Administracións autonómicas aclaran as dúbidas sobre as queimas agrícolas da nova Lei de residuos

A Lei de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia esixe que os gobernos locais dispoñan dun plan de prevención. Unha vez aprobados estes plans, o seguinte paso é dar acceso aos concellos a Xesbío, a ferramenta que permite identificar as parcelas, coa súa referencia catastral, que están en franxas dos 50 metros máis próximos á poboación. Todos os municipios galegos, con plans e ordenanzas locais (incluído o uso de queimas) presentados con anterioridade á entrada en vigor da Lei estatal de residuos e solos contaminados para unha economía circular, poden manter o uso do lume para a eliminación dos restos agrícolas. Do contrario, teñen que tramitalo ante a Xunta de Galicia.

A propia Lei recoñece a potestade de establecer un período transitorio de tres anos a aqueles concellos que planificasen no seu termo municipal o uso do lume, a través de autorizacións xa existentes ou solicitudes presentadas previamente á entrada en vigor da norma estatal o pasado 10 de abril. Os plans locais inclúen as singularidades de cada territorio e incorporan os coñecementos dos sectores implicados, coa fin de asegurar ao máximo a conservación dos montes fronte ao risco de incendio forestal.

Algúns concellos que se precipitan: o caso de Lalín

O goberno local lalinense ven de presentar unha moción a través da cal insta ao Estado a rectificar a medida de prohibición de queimas agrícolas e silvícolas establecida con carácter xeral pola lei 8/2022. A proposta é firmada polo concelleiro de Medio Ambiente, César Reboredo, que defende os “enormes prexuízos que implica para a veciñanza de Lalín, así como para o conxunto da poboación que ten no rural o seu medio de vida”. Neste sentido, pide ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico que se elimine a prohibición de xeito inmediato. Con todo, a proposta de Reboredo cae nun erro indocumentado.

A organización ASAJA promoveu a semana pasada a presentacion desta iniciativa en diversos concellos. Porén, a mesma iniciativa quedou obsoleta ao aclararse dende administracións autonómicas (como a de Valencia) que ese artigo da Lei non é aplicable para aqueles concellos que fan os seus deberes (como é o caso da maior parte dos concellos galegos). Noutras palabras, o que fai ese artigo é obrigar aos concellos a que, antes de tres anos, conten cos seus propios plans de xestión, baixo a ameaza de non poder realizar logo queimas de residuo agrario vexetal. O alcalde de Lalín debería dar orde de retirar a iniciativa, pois non hai nada que rectificar. Non é unha prohibición absoluta, delimita un carácter xeral. É a Xunta a que establecerá o réxime de autorizacións, como xa acontecía antes da Lei.

Comparte esta noticia