Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


ADEGA organiza un maratón de biodiversidade no río Arnego con estudantes do IES Marco de Camballón

A asociación ecoloxista ADEGA organiza o luns 6 de maio un maratón de biodiversidade, tamén chamado “BioBlitz”, no río Arnego. Durante esta xornada realizarán un “censo exhaustivo das especies de flora e fauna nun tempo reducido” coa axuda de estudantes do IES Marco de Camballón. Esta acción, que forma parte do Proxecto Fluviatilis, conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).

O alumnado do IES Marco de Camballón de Vila de Cruces participará nunha actividade de ciencia cidadá e descubrimento da biodiversidade local para identificar cantos organismos vivos habitan no río Arnego. Para iso, contarán coa axuda de persoal especializado en educación ambiental de ADEGA para realizar o inventario de especies e o descubrimento do patrimonio natural deste espazo.

O vindeiro luns, 6 de maio, levará a cabo este proxecto de investigación naturalista no río Arnego da man da asociación ecoloxista. Os estudantes explorarán o lugar para atopar o máximo número posible de especies e identificar especies exóticas invasoras. A actividade comezará ás 10:00 e terminará ás 14:00 horas. O obxectivo é que os estudantes adquiran habilidades nas técnicas de estudos científicos de campo e rexistrar plantas, peces, invertebrados, aves ou mamíferos. Así como tamén de pegadas, rastros e sinais.

ADEGA explica que a importancia deste BioBlitz reside tamén en xerar unha listaxe actualizada da biodiversidade deste espazo natural, xa que estes datos poden ser utilizados por científicos, xestoras municipais ou a propia cidadanía para profundar na biodiversidade do municipio ou para formar parte de estudos máis detallados.

Este 'Bioblitz' forma parte do denominado Proxecto Fluviatilis, que conta co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.

Comparte esta noticia