Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


ADEGA insiste que Nostián non precisa un quinto contedor


A asociación ecoloxista ADEGA reitera que a planta de residuos de Nostián non necesitaba crear un quinto contedor para separar os residuos plásticos. Para explicar o porqué, ADEGA presentou un informe cos datos reais para mostrar a situación desa planta en comparación coa de SOGAMA. ADEGA, tras revisar os datos, chegou á conclusión de que os datos de Nostián, en comparación con SOGAMA, son mellores do esperado polo que non ven necesario a implantación do quinto contedor como fixo no seu momento SOGAMA.

Segundo os datos do informe, os residuos xerados de Nostián entran no obxectivo legal cunha porcentaxe de recuperación do 58,4%, o que supón un 31,9 kg de residuos de envases por habitante e ano en 2022. En comparación, SOGAMA está moi por detrás xa que só chegou ao 15,4%, moi por baixo do obxectivo, recuperando tan só 8,3 kg. Tras ver estas cifras pódese apreciar que a creación dun quinto contedor específico para refugallos de envases, que se lle está solicitando a Nostián non contribuirá a aumentar as cantidades recuperadas.

Actualmente, SOGAMA dispón dun quinto contedor que, segundo eles anunciaron cando o puxeron, é para unha “mellor recollida”, pero os datos indican que o que realmente están a facer é destinar máis do 80% dos residuos recolleitos polos concellos é queimalos ou verterlos. Isto supón que Galicia este de segunda pola cola, a última é Melilla, na reciclaxe en ámbito estatal, segundo datos do Ministerio. Isto indica que SOGAMA non está a facer as cousas tan ben como di.

Galicia é a terceira Comunidade Autónoma (C.A.) con maior porcentaxe de incineración un 46,2% dos residuos, só despois de Melilla e Cantabria, e moi por encima da media do Estado, que rexistrou un 10,1% de incineración en 2020. A media estatal de recollida separada foi do 17,3% e a de Galicia do 13,7%, situándose en undécimo lugar entre as C.A., novena pola cola. Os resultados mostran o papel diverso que desempeñan a cidadanía e as plantas de tratamento, os cales están influenciados pola dimensión de SOGAMA. En canto á recolección separada, realizada polos e as cidadáns, ocupamos o posto 11 entre as CA, mentres que en reciclaxe total, cando se suma o traballo realizado nas plantas, atopámonos no posto 18 (segundos pola cola).

Mentres tanto, os datos de 2022 da planta de Nostián indican unha reciclaxe do 20,3%, biodigestión e compostaxe do 30,6% e vertedura do 49,1%. Uns datos que só foron superados en 2019 cando as verteduras baixaron do 50% a un 48%. A pesar diso, aínda estase debatendo se Nostián debe seguir o modelo impartido por SOGAMA. Na actualidade, Nostián alcanza os obxectivos de recollida e preparación para a reciclaxe dos refugallos de envases, que oscilan entre o 55 e o 60% das cantidades producidas.

Os resultados demostran que a implementación dun contedor específico para colleitar refugallos de envases de maneira separada do resto da fracción seca non mellorará a situación actual de Nostián, senón que o contrario. ADEGA explica que a mellora debe provir de medidas alternativas como a conciencia pública e a recolección selectiva en orixe, co fin de asegurar o tratamento independente en Nostián da fracción orgánica xa separada en orixe. E engade, "Se queremos ir máis aló, debemos pensar en modelos de recollida máis eficientes, como pode ser o modelo pórtao a porta para os residuos domiciliarios en substitución dos contedores anónimos de rúa".

Comparte esta noticia