Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


ADEGA denuncia ás autoridades por irregularidades na explotación mineira da Mina Romana da Espiñeira en Foz

A asociación ecoloxista ADEGA presentou unha denuncia ante a Fiscalía Delegada de Medio Ambiente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) contra o Concello de Foz, o Departamento de Enerxía e Minas de Lugo, e o Departamento de Patrimonio Cultural de Lugo. A denuncia sinala un presunto incumprimento das súas competencias en relación cunha explotación mineira de caolín dentro da zona do xacemento arqueolóxico da Mina Romana da Espiñeira, protexido polo catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia e o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Foz coa referencia GA2701902.

Segundo indica a asociación ecoloxista, a Consellería de Industria autorizara o funcionamento desta explotación mineira, que ten a súa orixe en 1955 e debería finalizar debido á falta de actividade durante tantos anos. Declaran que isto se fixo sen requirirlle nin unha avaliación ambiental nin un plan de restauración acorde ao RD 975/2009, que trata a xestión de residuos das industrias mineiras e a restauración do espazo afectado polas actividades mineiras.

Doutra banda, Patrimonio Cultural omitiría as súas responsabilidades baixo a Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia ao non protexer este ben arqueolóxico catalogado. A actividade mineira estaría a causar danos significativos ao xacemento, situado dentro da súa área de protección, recoñecida tanto no PXOM como na ficha arqueolóxica oficial. ADEGA tamén acusa o Concello de Foz de desentenderse da súa responsabilidade ao non verificar se a explotación contaba coa licenza de actividade correspondente nin se a empresa Euroarce emitira a declaración responsable requirida para operar legalmente.

Por iso, na denuncia tamén alerta acerca das operacións de especulación que a compañía podería estar a realizar ao iniciar a actividade mineira nun terreo que podería verse afectado polo futuro trazado da Autovía A-74, desde Barreiros ata Viveiro.

A asociación ecoloxista espera que esta sexa unha advertencia contundente para as administracións que, segundo indican, permiten irregularidades administrativas na tramitación de dereitos mineiros e miran cara a outro lado fronte a incumprimentos en materia de protección ambiental e cultural. Na súa opinión, estas accións envían unha mensaxe errónea ás empresas mineiras, ao dar a impresión de que están exentas de cumprir coas mesmas normativas que o resto de sectores.

Desta forma, a asociación ecoloxista evidencia que as entidades gobernamentais transmiten a mensaxe de que as compañías mineiras non están obrigadas a acatar a mesma lexislación que as demais empresas e á poboación, e que ademais poden saltarse os trámites e os condicionados ambientais. Esperan que esta tamén sirva para chamar a atención achega do concurso público de dereitos mineiros caducados que D. X. de Planificación Enerxética e Minas vén de sacar sen ningunha limitación ou condicionado para empresas que, como Euroarce, infrinxen claramente a lexislación vixente. Ademais, ao analizar o tipo de recursos mineiros que se presentaron a licitación na provincia de Lugo, observouse que 13 dos 17 licitados son destinados á explotación de caolín, o que parece ser o obxectivo desta compañía.

Finalmente, tamén denuncian un posible conflito de interese relacionado con Carlos Martínez, un técnico de minas que previamente comunicou a Patrimonio Cultural sobre unha suposta resolución inexistente de Minas de Lugo para establecer a zona de protección da Mina Romana da Espiñeira. Actualmente, este técnico estaría vinculado a Recursos de Galicia (RDG), a empresa encargada de xestionar a adxudicación dos dereitos mineiros a concurso.

Comparte esta noticia