Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


ADEGA advirte que o modelo de recollida de lixo aprobado polo concello de Santiago de Compostela impedirá acadar os obxectivos de reciclaxe marcados pola UE

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) conclúe que o servizo de recollida de lixo e limpeza viaria do Concello de Santiago previsto para os vindeiros 10 anos non conseguirá acadar os obxectivos fixados pola Unión Europea en materia de residuos. Tras revisar o novo perigo de licitación para o servizo de recollida de lixo, a asociación comproba, “unha vez máis”, que o concello de Santiago de Compostela “volve a desperdiciar a oportunidade de apostar pola redución, reutilización e reciclaxe de residuos, ficando a compostaxe de forma anecdótica e relegada ao plan de melloras das empresas que consideren presentar”.

 

ADEGA explica que, hoxe en dia, a taxa de reciclaxe do concello de Santiago de Compostela non chega ao 20%, ou polo menos non chegaba no ano 2017, segundo os últimos datos que están a disposición pública: “O concello compostelán está moi lonxe de cumprir cos obxectivos que marca a lexislación europea en materia de recuperación de residuos fixados nun 50% para 2020, 55% para o 2025 e o 60% para o 2030”. Malia que a concesión atinxe aos vindeiros 10 anos, a asociación alerta que o novo prego non garante que se consigan acadar tales obxetivos, o que expón á veciñanza de Compostela a futuras posibles sancións da UE.

 

Razóns que motivan a falta de efectividade do novo servizo de recollida

 

Segundo ADEGA, existen cinco razóns que lle restan efectividade ao servizo proposto polo concello compostelán. Por unha banda, a bolsa de lixo estándar ten unha composición aproximadamente dun 40% de residuo orgánico, refugallo que só se recupera a través da compostaxe e se é recollido de forma separada en orixe.

 

Ademais, en Compostela xéranse aproximadamente sobre 17.000 Tn de residuo orgánico e a nova planta de compostaxe de SOGAMA —o seu destino final— ten unha capacidade de 15.000 Tn, polo que, de partida, xa non se pode completar a total recollida desta fracción. Por outro lado, para a recollida do lixo, o concello compostelán aposta polo quinto colector voluntario. Ao non existir obrigatoriedade, o seu uso será anecdótico e duplicarase a recollida (incrementando o CO2 emitido á atmosfera derivado do transporte), xa que terán que ser recollidos dous colectores, o marrón e o verde.

 

A asociación tamén destaca que non se aposta pola compostaxe comunitaria, quedando relegada aos 3 puntos ou áreas de compostaxe existentes, que poderían ser incrementadas até 15 illas de compostaxe. Como dato ilustrativo, só no casco urbano de Allariz, con aproximadamente 3.000 habitantes, hai 25 áreas de compostaxe de maior capacidade que funcionan a pleno rendemento. Compostela tería capacidade para acoller polo menos 200 áreas de compostaxe comunitaria. Os residuos orgánicos trátanse en proximidade e serían xeradores dun maior número de postos de emprego. A sociedade está preparada e demanda este tipo de xestión, posto que cando se instalaron as tres primeiras illas houbo lista de agarda de persoas que querían compostar os seus residuos e que nunca se atenderon. Como última razón, a compostaxe doméstica tamén continúa a ser voluntaria e non se percibe incremento de áreas de colectores de reciclaxe no rural.

 

 

Facer partícipe á cidadanía, compostaxe e educación ambiental

 

ADEGA opina que unha xestión sustentábel dos residuos urbanos, cuxo obxectivo principal e real sexa a reciclaxe, debe facer partícipe a toda a sociedade, ademais de ter un carácter de obrigatoriedade na separación selectiva en orixe; apostar pola educación ambiental; contemplar unha planta de compostaxe comarcal que asuma todos os residuos orgánicos do concello; apostar pola compostaxe individual, comunitaria e a recollida porta a porta da fracción orgánica; reducir colectores de resto e incrementar os colectores de reciclaxe, e promover campañas parareducir a xeración de envases.

Comparte esta noticia