Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


ADEGA acusa á Xunta usar a Lei de medidas fiscais e administrativas para “satisfacer ao lobby eólico e mineiro”

A asociación ecoloxista ADEGA avisa que a Xunta está a usar a Lei de medidas fiscais e administrativas que se inclúe nos orzamentos anuais para “alterar” de maneira automática e sen discusión un conxunto de normas que "pouco ou nada teñen que ver coas finanzas". Segundo o grupo ecoloxista isto supoñerá un "déficit democrático e un síntoma inequívoco de mala xestión". O caso que máis destaca ADEGA é a nova modificación da Lei eólica 8/2009 que realizou a Xunta de Galicia.

Advirten que con esta lei preténdese eludir unha vez máis as avaliacións ambientais para así “desactivar as consecuencias das sentenzas xudiciais que tombaron varios parques e cuestionaron a deficiente tramitación administrativa feita pola Xunta”. ADEGA sinala que isto provocaría unha tramitación administrativa “máis ineficaz e máis inseguridade xurídica”.

A Xunta argumenta que esta medida débese ao Regulamento (UE) 2022/2577 do Consello que busca acelerar o uso de enerxías renovables. Desta maneira, ADEGA explica que "os procedementos de avaliación ambiental deben ter en conta esta consideración" para que os parques eólicos de entrada "sexan considerados compatibles salvo argumentos en contra". Por tanto, a cidadanía sería responsable de avaliar “a afección a hábitats, especies, servizos ecosistémicos, paisaxe, patrimonio etc." que resulten incompatibles cun proxecto específico. ADEGA reparou que, con esta modificación, a administración convértese “nun mero intermediario” para os procedementos da asociación eólica, deixando á cidadanía a "responsabilidade" de realizar as probas e protexer o patrimonio público.

Esta medida ten unha transcendencia moi limitada, xa que ONGs, colectivos veciñais, comunidades de montes e sindicatos agrarios estiveron defendendo o interese público en contra da depredación das eléctricas e a neglixencia da Xunta, como se evidencia en cada vez máis fallos xudiciais.

En contraste, a normativa comunitaria facilita a aceleración dos procesos para as enerxías renovables baixo certas condicións (tecnoloxías, limitacións territoriais...), entre as que se inclúe protexer o medio ambiente (garantir a preservación e recuperación de especies mediante programas e fondos adecuados). A falta de planificación ambiental e sectorial da Xunta, así como a xurisprudencia en contra, "fan que esta medida quede como simbólica" e demostra "a submisión da Xunta aos intereses doutros", sinala o grupo ecoloxista.

A Lei de minería (3/2008) tamén se ve afectada polas modificacións introducidas por esta lei, á que ADEGA denomina como "lei ómnibus" (un tipo de norma que regula materias que, polo seu contido, deberían estar en leis separadas ou que, referentes a un mesmo contido, teñen como finalidade ratificar decretos-leis separadamente publicados).

O grupo ecoloxista quere advertir que con esta modificación a Xunta está a traballar para converter numerosas explotacións pequenas autorizadas najo a Sección A en concesións administrativas da Sección C. Os materiais xeolóxicos extraídos de pequenas explotacións e procesados por arranque e machaqueo para ser comercializados localmente clasifícanse como recursos da Sección A. Mentres que, os destinados á fabricación de asfalto e formigón, que deben tramitarse baixo a Sección C, exclúense.

Segundo informa ADEGA, moitas das minas que foron autorizadas desde hai moito tempo na Sección A, algunhas das cales non pasaron por ningunha tramitación ambiental, chegaron a un nivel que, segundo a Lei de minas estatal, deberían estar a operar na Sección C. Para logralo, deben presentar copias da documentación requirida pola lexislación sectorial, así como un estudo de impacto ambiental que, debido á súa situación (Rede Natura 2000, por exemplo) e actividade, moitas non superarían. A Xunta permitiralles pasar da autorización da Sección Á a Sección C sen requirir o trámite ambiental, a menos que ocupen "novas superficies distintas das previamente autorizadas para a súa explotación ou supoñan un cambio substancial no proxecto de explotación ou plan de restauración aprobado, no seu momento”.

Debido a esta situación, ADEGA acusa á Xunta de estar a utilizar "a escusa da transición enerxética e da simplificación administrativa", e que por iso e pola “improvisación e a discrecionalidade constantes”, aumentará a inseguridade xurídica. E declara que a Xunta tomou a decisión de que os Xulgados sexan os encargados de tomar decisións sobre a súa política enerxética, co obxectivo de satisfacer ao "lobby eólico e mineiro" e "desactivar posibles responsabilidades patrimoniais e penais" que poidan xurdir da súa actuación inadecuada.

Comparte esta noticia