Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


A Xunta salienta erróneamente que os galegos “reciclaron” un 1,4% máis de envases de plástico, latas e bricks en 2021

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, ven de salientar que os galegos reciclaron o ano pasado un 1,4% máis de envases de plástico, latas e bricks a través do contedor amarelo, incrementando en 458,92 as toneladas recuperadas. Esta cifra contrasta coa que destacaron en febreiro de 2019 Vázquez e o conselleiro delegado de Ecoembes, Óscar Martín Riva, que pretendían mellorar as cifras actuais de reciclaxe de envases lixeiros nun 9,8% con respecto a 2017. Este obxectivo correspondía a unha iniciativa da Consellería de Medio Ambiente e Ecoembes denominada Plan Galicia Recicla, coa que se perseguía mellorar as taxas de reciclaxe de envases lixeiros e papel cartón. Ademais, a conselleira ven de indicar que en 2021 os galegos tamén enviaron a Sogama 405 toneladas menos de desperdicios incluídos na fracción resto (aquela que se corresponde coa chamada bolsa negra) e calificou estas cifras como “significativas”, especialmente ao estar marcado pola influencia que tivo a pandemia da covid.

 

Doutra banda, o dato aportado é ficticio por canto que, á vista da nota de prensa, fálase de material aportado ao contedor amarelo, non de material reciclado. Ademais, a estes hai que restarlles os impropios. Polo tanto, aumenta o peso pero non necesariamente a cantidade de material reciclado que permanece case estancado estes anos.

 

Na nota de prensa, Vázquez considerou que unha gran maioría dos galegos están totalmente comprometidos coa xestión sustentable e eficiente dos residuos urbanos e cun consumo máis responsable nos seus fogares. Durante unha recente visita á Baña, a conselleira puxo como exemplo a este concello polos seus bos resultados do ano pasado, tanto dende o punto de vista da produción de lixo convencional como das taxas de reciclaxe de envases lixeiros. Así, A Baña foi un dos municipios galegos que máis conseguiu reducir neste período a bolsa negra. Segundo a Xunta, a recuperación de envases de plástico, latas e bricks tamén aumentou considerablemente no municipio, cun total de 46,41 toneladas recollidas o ano pasado (un 55,2% máis que no exercicio anterior). Novamente confúndese deliberadamente datos de material recollido con material reciclado.

 

Ademais, a conselleira lembrou que o concello coruñés é un dos 222 adheridos en Galicia ao programa de compostaxe doméstica de Sogama e felicitou ao alcalde de A Baña, Andrés García, subliñando que os concellos avanzan cara a unha xestión máis eficiente e correcta dos residuos municipais grazas ao esforzo e traballo realizado neste eido. Ademais, indicou que Sogama aplica dende 2019 unha redución do 10% do canon que lle cobra aos concellos polo tratamento dos residuos a cambio de que acrediten unha redución da produción de lixo ou unu aumento da reciclaxe dos envases lixeiros.

 

Segundo a Xunta de Galicia, aínda que a xestión dos residuos de orixe doméstica é unha competencia municipal, “o Goberno galego traballa e apoia aos concellos para axudalos a conseguir os obxectivos marcados pola UE nesta materia”. En concreto, a conselleira referiuse á obriga de implantar, antes do 31 de decembro de 2023, a recollida diferenciada da fracción orgánica a través do quinto contedor, o de cor marrón. Vázquez indicou que Galicia aspira a cumprir este obxectivo grazas a “unha ampla rede de infraestruturas integrada por 17 instalacións á que a Xunta destinará preto de 40 millóns de euros e que dará servizo á practica totalidade dos galegos”.

Comparte esta noticia