Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


A Xunta incrementa nun 90% o orzamento das axudas á prevención de danos da fauna silvestre

A Xunta de Galicia incrementa nun 90% o orzamento destinado ás axudas á prevención de danos provocados pola fauna silvestre, ata chegar aos 906.438 euros. Así, o Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar a orde pola que convocan as subvencións para “aplicar medidas de protección que eviten ou mitiguen os prexuízos que provocan o lobo, o xabaril e o oso nas explotacións agrícolas e gandeiras”.

 

A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, e a alcaldesa de Guntín, María José Gómez, achegáronse ata unha explotación ovina do municipio, beneficiaria dunha axuda do exercicio anterior. Do Campo sinalou que orzamento da anterior convocatoria fora de 480.000 euros e o deste ano practicamente se duplica. Ademais, lembrou que unha das novidades da orde deste ano é que, dentro da liña de prevención de danos causados polo lobo, considérase actuación subvencionable a manutención dos cans protectores e defensores do gando. Así, destacou o esforzo do Goberno galego para dispoñer de maiores recursos nesta liña, con case un 60% do orzamento.

 

Ademais, indicou que se volven establecer axudas para adquirir os cans, podendo subvencionarse ata tres por explotación; adquisición de pastores eléctricos; cerrumes móbiles de malla electrificada; ou instalacións de valados de dous tipos: os fixos electrificados en 250 euros, ata os 1.750, e os fixos con malla candeira ou cinexética metálica en 1.000 euros máis, ata un máximo de 4.500. Doutra banda, a liña de prevención de danos do xabaril comprende un orzamento de 283.438 euros, que se destinarán para a adquisición de pastores eléctricos. En canto á do oso, será un total de 20.000 euros co mesmo destino, principalmente en explotacións agrícolas.

 

O prazo para que os interesados presenten a súa solicitude xa está aberto e durará un mes. Segundo a Xunta, poderán pedila as persoas e entidades que exercen a actividade agraria e estean inscritas no Rexistro de explotacións agrarias de Galicia (Reaga) e as explotacións agrarias destinadas a autoconsumo no caso dos danos provocados polo xabaril. Nos casos dos danos provocados polo lobo ou polo oso, as explotacións deben estar inscritas no Rega.

 

Belén do Campo indicou que estes incentivos complementan as axudas convocadas xa no mes de decembro para paliar os danos que provocan estas especies ao sector agrogandeiro, por un importe global de 2,15 millóns de euros. Así, o orzamento da Xunta para previr e indemnizar os danos ascenden este ano a máis de 3 millóns de euros. Deste xeito, a directora xeral de Patrimonio Natural indicou que o Goberno galego fai un novo esforzo para establecer axudas neste sentido. O investimento mobilizado pola Xunta para previr e compensar os danos que provoca a fauna silvestre en Galicia ascende a 11 millóns de anos desde 2016.

Comparte esta noticia