Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


A Xunta de Galicia convoca axudas de 18,7 millóns de euros para mellorar a xestión e recollida de residuos urbanos

A Xunta de Galicia ven de convocar, a través do Diario Oficial de Galicia (DOG), axudas por un importe de 18,7 millóns de euros para mellorar a xestión e recollida dos residuos urbanos. Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, avanzou a convocatoria destas liñas de axudas, explicando que será un antes e un despois no que á relación cos residuos se refire. Dúas delas benefician directamente aos concellos, que poderán optar a un orzamento de 15,7 millóns de euros. Vázquez explicou que unha das ordes está dirixida á xestión dos biorresiduos, polo que se establece unha liña de axudas por un importe de 8,6 millóns de euros para apoiar aos concellos nas accións que promoven a introdución do quinto contedor. En canto á segunda liña, dotada cun orzamento de 4,9 millóns de euros, céntrase na recollida mediante a compostaxe doméstica ou comunitaria.

 

O prazo de presentación abriu o 15 de decembro e perdurará ata o 31 de xaneiro de 2022 e pode solicitarse (de xeito individual ou colectivo) axuda para a adquisición de contedores, caldeiros domésticos para biorresiduos, composteiros domésticos ou comunitarios, biotrituradoras, aireadores, termómetros e tamizadoras ou camións de recollida, así como para a posta en marcha de campañas informativas. O importe ao que se pode optar acadada un máximo do 90% do custe da actuación, en función das características do proxecto e do tipo de solicitude presentadas polas entidades locais.

 

Axudas para a recollida de residuos domésticos especiais

 

A segunda orde de axudas que convoca o DOG e que xa se poden solicitar son as axudas para a recollida dos residuos domésticos especiais. Así, a Consellería reservou unha partida de 2,2 millóns de euros para sufragar con ata 15.000 euros iniciativas para a implantación da recollida separada de aceite de cociña usado; mellorar a recollida de téxtiles a través dunha subvención conxunta de 40.000 euros; e os concellos galegos que desexen contar cun punto verde móbil poden solicitar unha axuda de ata 70.000 euros ou de ata 100.000 (se a convocatoria é conxunta) para adquirir un vehículo que facilite a recollida de residuos urbanos especiais.

 

Mellorar a xestión dos residuos téxtiles

 

Vázquez indicou tamén a plublicación no DOG dunha orde de axudas dirixida exclusivamente aos xestores (pemes, autónomos, asociacións e fundacións) co fin de que se sumen á correcta xestión dos residuos téxtiles. O obxectivo principal é potenciar a recollida separada e, tras o seu tratamento adecuado, volver a introducilos na cadea produtiva como unha nova materia prima. Grazas a esta liña actuación, dotada con 3 millóns de euros, ofrécese unha resposta aos residuos que xera o sector téxtil en Galicia. A conselleira destacou que este tipo de apoios son medidas de referencia para outros sectores, co fin de implantar a economía circular.

 

Por último, Vázquez lembrou que “dispoñemos de recursos, a través de proxectos europeos cofinanciados pola Xunta de Galicia”, que se implantarán da man das deputacións e dos concellos. “Eses recursos teñen que chegar a cada recuncho do territorio”, apunta a conselleira. As actuacións forman parte da Estratexia galega de biorresiduos e residuos municipais 2022-2023, “para optimizar os servizos de recollida de residuos urbanos e impulsar a economía circular dende o eido local”. Así, conta con 60 millóns de euros para habilitar incentivos e activar unha rede de infraestruturas para a valoración da materia orgánica.

Comparte esta noticia