Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


A Xunta convoca un millón de euros en axudas para a plantación de frondosas e coníferas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a orde de axudas da Consellería do Medio Rural para a creación de superficies forestais con frondosas e coníferas en arredor de 520 hectáreas de monte galego. O orzamento para esta liña de subvencións é de un millón de euros para o ano 2023. Poren, existe a posibilidade de que o orzamento se amplíe en función das solicitudes que se reciban. Segundo Medio Rural, a finalidade destas achegas é “fomentar a primeira forestación de terras non agrícolas unicamente con coníferas e frondosas, favorecendo o aumento tanto da diversidade como da superficie forestal arborada, ao tempo que se reduce o risco de incendios mediante a valorización dos terreos forestais”. Ademais, especifica que, entre as coníferas que se promoven, atópanse o piñeiro do país e o silvestre; e, en canto ás frondosas, atópanse o castiñeiro, o carballo, o ameneiro ou a sobreira, entre outros. Na orde contémplase a posibilidade de que os propietarios forestais que teñan superficies con brotes de eucaliptais de diámetros por debaixo dos 10 cm de media poidan acollerse ás achegas para transformalas en masas de coníferas ou de frondosas, incrementando a descontinuidade e a diversidade de producións dos seus montes. Neste sentido, poderán beneficiarse destas subvencións as persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, maioritariamente comunidades de montes veciñais en man común pero tamén asociacións e agrupacións de propietarios particulares, cooperativas agrarias, proindivisos, comunidades de bens ou montes de varas. Tamén as agrupacións forestais de xestión conxunta, incluídas as sociedades de fomento forestal. Así mesmo, poden beneficiarse das achegas propietarios particulares de xeito individual. Con estes fondos “subvenciónanse os gastos de plantación forestal e a posta en marcha da área de defensa contra incendios forestais”. Segundo Medio Rural, inclúense tamén como subvencionables os gastos necesarios para o tratamento da vexetación preexistente, a preparación previa do terreo e a adquisición de planta. Ademais, as superficies obxecto destas axudas teñen dereito a unha prima anual por hectárea para os custos de mantemento desas forestacións durante os seguintes cinco anos.

Comparte esta noticia