Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


A Sociedade Galega de Ornitoloxía rexeita os parques eólicos mariños que se pretenden instalar no norte de Galicia

A Sociedade Galega de Ornitoloxía presentou 12 observacións ao proxecto do Real Decreto del Plan de Ordenación del Espacio Marino (POEM) presentado polo MITECO. Tamén aos dous proxectos de Iberdrola (San Brandán e San Cibrao) fronte a só 14 km das costas dos concellos de Cariño e Mañón da provincia de A Coruña. Ambos proxectos iniciaron novamente a súa traminación recentemente, estando actualmente en fase de consultas públicas.

 

A entidade rexeita tanto as zonas propostas nese documento inicial do POEM para o norte de Galicia como os dous parques eólicos expostos por Iberdrola ou a súa potencial reformulación ou substitución por outro ou outros. O motivo é que esa zona acolle un dos corredores migratorios mariños máis importantes para as aves europeas e atlánticas, polo que non deben ser alterados con infraestruturas como as que se propuxeron. Ademais, a Sociedade Galega de Ornitoloxía insta as autoridades, colectivos e cidadanía, tanto de Galicia como de toda Europa, a esixir a empresas de enexía e autoridades a non perder o tempo valorando proxectos que esnaquizarían a biodiversidade e o patrimonio natural común europeo. Porén, insiste en identificar aqueloutros nos que a conservación da natureza e as enerxías renovables sexan compatibles.

 

Os parques de enerxía eólica mariña que Iberdrola expuxera fronte á costa norte de Galicia son incompatibles con ese corredor migratorio de aves mariñas, o máis importante de Europa: por el pasan moi altas porcentaxes das poboacións globais, atlánticas ou europeas de decenas de especies, varias delas ameazadas. A localización pretendida para instalar parques eólicos nesa zona estaría ademais pegada ao bordo a actual ZEPA (Zona Especiais de Protección das Aves) mariña “Espazo mariño de Punta de  Candelaria-Ría de Ortigueira-Estaca de Bares”, integrada na Rede Natura 2000 da UE. Esta ZEPA mariña estableceuse en base aos resultados de observacións ornitolóxicas desde a costa. Aqueles traballos, dos que foron pioneiras expedicións ornitolóxicas británicas e belgas nos anos 60 do século XX, demostraron que por estas augas inmediatas á costa pasan centenares de miles de aves mariñas de decenas de especies diferentes.

 

Ata o de agora non se desenvolveu en Galicia unha completa cartografía da presenza en diferentes momentos do ano das aves mariñas a distancia non visible de terra, nin dos seus movementos en mar dentro. A evidente necesidade deste tipo de estudo, previo a calquera instalación de grandes infraestruturas do mar, é unha das observacións presentadas pola Sociedade Galega de Ornitoloxía tanto ao POEM como aos proxectos de Iberdrola (suspendidos polo momento). De feito, esta entidade insta nas súas observacións ao Ministerio para incluír no POEM a designación de “Áreas de investigación e desenvolvemento científico ao redor das aves e o resto de biodiversidade”, que permitan emendar as carencias de información actuais, e valorar en consecuencia a oportunidade de colocar estes enormes parques en segundo que lugares.

 

A superficie conxunta do “dobre parque eólico” exposto por Iberdrola e agora arquivado sería, segundo os documentos presentados pola empresa, de 236 km2. De non renunciar a esa extensión nun novo proxecto, o espazo ocupado sería o equivalente ao 30% da superficie da  ZEPA (771,5 km2). Hai máis empresas expresaron a súa vontade de crear parques nesa zona mariña ao norte de Galicia, o que redundaría nunha aínda maior ocupación do espazo que atravesa tran fundamental corredor migratorio de aves mariñas. O resultado sería que a ZEPA actual quedaría “estrangulada” entre parques eólicos mariños. Pero o mais importante é que unha das zonas máis importantes para as aves mariñas de Europa e do Atlántico norte tería máis área destinada a enerxía eólica que protexida, cando debería ser unha zona de paso libre para estas aves.

 

A entidade conclúe con que “a crise climática, a nosa cidadanía, sobre todo a máis nova, non se merece esta perda de tempo. Empresas e autoridades farían mellor en buscar lugares onde a instalación da eólica mariña non esnaquice o patrimonio natural común atlántico e europeo, en lugar de exporse todo o contrario. Actitudes contrarias a esta maneira de proceder non farían máis que atrasar aínda máis a tan necesaria transición ecolóxica”.

Comparte esta noticia