Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


A reserva hídrica galega sitúase case á metade da súa capacidade total

A reserva de auga dos embalses galegos continúa descendendo malia as recentes precipitacións, situándose ao 51,7% da súa capacidade total, con 1.921 hectómetros cúbicos (hm3). Son datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), que indican concretamente que os embalses da cunca do Miño-Sil atópanse ao 49,9% con 1.511 hectómetros cúbicos de auga embalsada, mentres que os embalses de Galicia Costa están ao 59,9% da súa capacidade total, supoñendo 410 hectómetros cúbicos de auga embalsada. Os datos tamén indican que a media dos dez últimos anos de reserva total embalsada en Miño-Sil é de 2.004 hm3, mentres que en Galicia Costa é de 487 hm3.

A nivel nacional, o MITECO indica que a reserva hídrica española está ao 37,9% da súa capacidade total. Así, os embalses almacenan actualmente 21.281 hectrómetros cúbicos de auga, diminuíndo na última semana en 705 hm3 (o 1,3% da capacidade total actual dos embalses). Deste xeito, a reserva por ámbitos é a seguinte: o Cantábrico Oriental atópase ao 69,9%; Cantábrico Occidental ao 60,4%; Miño-Sil ao 49,9%; Galicia Costa ao 59,9%; Cuncas internas do País Vasco ao 81%; Douro ao 40,6%; Taxo ao 39,5%; Guadiana ao 25,3%; Tinto, Odiel e Piedras ao 68,6%; Guadalete-Barbate ao 26,3%; Guadalquivir ao 23,2%; Cunca Mediterránea Andaluza ao 43,8%; Segura ao 39,2%; Xúcar ao 57,3%; Ebro ao 48,5%; e Cuncas internas de Cataluña ao 40,9%.

En canto ás precipitacións, afectaron á vertente Atlántica e foron escasas na vertente Mediterránea. Neste sentido, o MITECO tamén indica a situación das cuncas en hectómetros cúbicos con respecto á reserva total embalsada. O total peninsular é dunha capacidade total de 56.136 hm3, sendo o ano actual de 21.291 hm3 o ano anterior de 25.353 hm3. En canto á Vertente Atlántica, a capacidade total é de 42.380 hm3, mentres que a da Vertente Mediterránea é de 13.756 hm3.

Comparte esta noticia