Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


A quinta edición de da campaña “1M2 polo campo, os bosques e o monte” rematou coa caracterización de case 1.000 residuos

A quinta edición da campaña de concienciación cidadá cidadá 1m2 polo campo, os bosques e o monte, en conmemoración do Día Internacional das Montañas, pechou coa caracterización de case 1.000 residuos repartidos en 17 puntos de Galicia. O proxecto Libera, creado por SEO/BirdLife en alianza con Ecoembes, e no que colabora a Xunta de Galicia, reuniu este mes a uns 250 voluntarios que participaron nas diferentes batidas para evitar o lixo nos montes e zonas litorais de Galicia.

 

Segundo a Xunta de Galicia, un total de 17 equipos dedicáronse a retirar lixo de espazos verdes como o parque de Castrelos en Vigo, o merendeiro de Preguntoño en Arzúa, o paseo fluvial de Oira en Ourense ou nas inmediacións do mosteiro de Caaveiro en Pontedeume. Entre os residuos atopados destacaron os materiais da construción, os panos de man, panos e bolsas de plástico.

 

Así, Galicia sumouse á campaña nacional que nesta edición actuou sobre 346 puntos en España, preto de 80 máis que no ano anterior. Debido a esta iniciativa, “retiráronse 8,5 toneladas, entre as que se atopan cabichas, latas, pezas de plástico e de vidro, así como botellas de plástico”. A Xunta revela que estas accións súmanse a outras impulsadas por Libera no conxunto do Estado, como 1m2 polas praias e os mares ou 1m2 polos ríos, embalses e pantanos, nos que participaron preto de 10.000 voluntarios. Debido a estas iniciativas, conseguiuse caracterizar máis de 136.000 obxectos de 596 puntos de toda España.

Comparte esta noticia