Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


A medida Leader permitiu aprobar máis de 1.500 proxectos e crear 1.100 empregos no rural galego

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, asistiu á 8ª reunión do grupo Leader en Barcelona. Alí púxose de manifesto a importancia que ten esta medida para Galicia, con repercusións moi positivas na creación de emprego e na fixación de poboación nos contornos rurais da comunidade, favorecendo a súa dinamización económica e social.

Rodríguez destacou tamén que, mentres a medida Leader estivo incluída no Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia, puideron aprobarse máis de 1.500 proxectos, consolidar máis de 4.000 empregos e crear uns 1.100 novos. Mobilizáronse ademais 169 millóns de euros cunha axuda pública de 77,5 millóns de euros para operacións a terceiros.

O propósito desta xornada foi promover a comunicación entre as distintas comunidades autónomas para discutir desafíos territoriais e compartidos a través da cooperación transfronteiriza. O encontro combinou informes, espazos de discusión, visitas a proxectos locais e actividades para fomentar redes de traballo colaborativo entre os participantes, ademais de establecer un lugar de diálogo onde se poidan intercambiar experiencias.

Comparte esta noticia