Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


A Fiscalía denuncia a Jealsa-Rianxeira por verter residuos contaminantes na ría de Arousa

A Fiscalía de Medio Ambiente denunciou a Jealsa-Rianxeira, a maior conserveira de Galicia, por verter durante anos residuos contaminantes na ría de Arousa á altura do Concello de Boiro, en A Coruña. Preocupa a importencia do vertido detectado na última analítica (realizada en marzo de 2021), ademais da “potencialidade de danos das substancias vertidas contra o medio ambiente e para a saúde humana”, explica o escrito formalizado pola Fiscalía o pasado xuño. Se se confirman as actuacións realizadas por esta conserveira, “constituiría unha acción de vertido de augas contaminadas sen tratamento axeitado no medio mariño da ría de Arousa”. A acumulación deses tóxicos, segundo a Fiscalía, podería determinar unha alteración substancial da calidade das augas.

 

Os mariscadores e veciños levan anos denunciando os vertidos de Jealsa-Rianxeira, que matan a biodiversidade da ría e constitúen un delito continuado contra o medio ambiente. De feito, os parquistas de Punta Capitán, en Boiro, organizáronse para recompilar toda a documentación para demostrar que Jealsa estaba vertendo augas contaminadas na ría. Xaquín Rubido, presidente da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA), explica que, en canto foron conscientes da gravidade da situación, convocaron unha reunión coas confrarías, os concellos de Rianxo e Boiro e coa empresa. Porén, “a resposta por parte de Jealsa-Rianxeira foi negalo rotundamente, dende o primeiro momento ata hoxe. Non ofreceron a máis mínima concesión”. Tras cinco anos de denuncias e protestas por parte da cidadanía, nin o Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil nin Augas de Galicia fixeron caso ata que recurriron á Fiscalía de Medio Ambiente en Madrid.

 

Un dos problemas principais dos vertidos tóxicos na ría de Arousa é a interrupción dos ciclos da cría. As ameixas e os berberechos poñen os seus ovos na auga e é preciso que pasen uns 15 días ata que as larvas se consolidan nos areais e comezan a desenvolver as súas cunchas. Porén, se un vertido lles pasa por enriba, acaba con eles. Por outra banda, os traballadores do mar foron testigos durante estes anos o deterioro da calidade dos moluscos. Ademais das negativas consecuencias que teñen estes vertidos para a biodiversidade mariña, tamén existen danos a nivel humano. Algunhas mariscadoras e mariscadores sofreron quemaduras e irritacións na pel despois de traballar nos areais máis próximos a Jealsa-Rianxeira.

 

Na investigación da Fiscalía recóllese a documentación aportada pola Consellería do Mar, na que se atopan diferentes vertidos analizados na zona entre os anos 2017 e 2020. Estes documentos inclúen unha mancha oleosa de 400 por 100 metros no Cabo de Cruz, de orixe desconocido; un vertido en Abanqueiro, xunto á conserveira de Jealsa; e diferentes vertidos industriais. Na documentación aportada por Augas de Galicia, figura unha sanción por infracción leve contra a conserveira por superar no vertido os límites de nitróxeno amoniacal. Pola súa parte, nos informes da Garda Civil non aparece a orixe dos vertidos, mais apuntan a unha “indudable natureza industrial”.

Comparte esta noticia