Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


«A Consellería de Medio Ambiente deixa sen opcións aos gandeiros fronte ao lobo”

A falta de apoio ás medidas preventivas provoca que os gandeiros soliciten batidas que non teñen efecto sobre os ataques

No último ano a situación do lobo en Galicia estase tornando insostible segundo a Sociedade Galega de Pastos e Forraxes. Os propios datos da Consellería de Medio Ambiente confirman un ascenso brutal dos danos á gandería (do 2015 ao 2017 duplicáronse o número de animais mortos polo lobo). Este aumento non se ten traducido en medidas (apoio a accións preventivas e indemnizacións entre outras…) por parte da Xunta de Galicia. Afirman que a Consellería do Medio Rural ponse de perfil e esquiva toda responsabilidade e a Consellería do Medio Ambiente segue sen afrontar o problema e por solucións sobre a mesa.

Neste contexto – din dende o colectivo – hai que volver reler o Plan de Xestión do Lobo que é a ferramenta que dispoñemos para traballar e o marco lexislativo que dispoñemos. De todas as medidas que alí se describen na actualidade estanse a realizar unicamente os pagos por danos, aínda lonxe de estar ao día xa que co aumento dos ataques o orzamento previsto quédase curto, e nos anos 16 e 17 as axudas ás medidas preventivas. Nesta liña de axudas participamos dende o principio intentando transmitir á Consellería, dende a SGPF e como membros de O-Xan, cales eran as mellores opcións para proporcionar ferramentas eficaces para a prevención dos ataques. A realidade é que estas dúas convocatorias sacáronse sen planificación algunha, sen avisar ao sector e cuns prazos de xustificación ridículos (a do 2017 tivo 6 días hábiles para xustificar todos os investimentos no medio da ponte da Constitución). Para este ano 2018, coa alza dos ataques e a falta de planificación da Consellería os gandeiros seguimos sen saber se vamos poder optar a estas axudas ou non.

Peches fixos electrificados propostos

Seguindo co Plan de Xestión, nel establécense toda unha serie de medidas de acompañamento, asesoramento e divulgación tanto do lobo como especie como das medidas que se deben tomar para unha correcta convivencia. Unha vez máis a Xunta de Galicia deixa absolutamente desamparados ao sector gandeiro que, como é lóxico, brama por respostas e atención xa que o que está protexido por lei é o lobo e non a gandería.

Non é de estrañar que neste contexto se soliciten batidas, como a de Vilalba na pasada semana, estas débense entender como unha medida desesperada, unha chamada de auxilio dos gandeiros xa que non teñen outra maneira de reaccionar. Pero recordan que está non é a solución nin unha medida que resolva o problema. A presenza do lobo no 94% do territorio galego fai que non poidamos falar de “casos illados” ou de “zonas conflitivas”. Sonteñen que todo o territorio debe de dispoñer dun plan de traballo axeitado, sen deixar de lado o traballo das asociacións gandeiras que, coma a SGPF, apostan pola divulgación de coñecementos e a posta en práctica dos métodos efectivos de prevención de ataques do lobo.

Comparte esta noticia