A Conferencia Internacional de Decrecemento explora a Economía Circular e a Sustentabilidade en Pontevedra
Celebrouse en Pontevedra a Conferencia Internacional de Decrecemento (ESEE-Degrowth) coa sustentabilidade como tema principal, logrando reunir máis de 1.200 participantes ao longo de 200 sesións plenarias, diálogos e actividades culturais. O ESEE-Degrowth deste ano 2024 foi un gran evento que agrupou o 15º Congreso da Sociedade Europea de Economía Ecolóxica (ESEE) e a 10ª Conferencia Internacional de Decrecemento. Celebrouse en Pontevedra coa colaboración do Post-Growth Innovation Lab da Universidade de Vigo.
A sustentabilidade foi o tema, que se desenvolveron en varios lugares do campus e da cidade. Durante a presentación, vicerreitora salientou a importancia do coñecemento xerado neste foro académico para que poda transfírase á sociedade, e que o congreso produza “documentos de consenso que poidan ser a base de normativas e políticas públicas que poidan mellorar a calidade de vida das persoas”. O Laboratorio de Innovación Post-Growth, en colaboración coa ESEE, o movemento Degrowth International e a asociación Research and Degrowth, promoveu estas charlas, xunto coa Universidade de Vigo (UVigo), o Concello de Pontevedra, o Consello Europeo de Investigación (ERC) e o Consello Social da UVigo.
Días antes do comezo, durante a súa presentación á prensa, Mario Pansera, o director do grupo de investigación, destacou o éxito da convocatoria para un evento que “poñerá Galicia, Pontevedra e a Universidade no mapa da transición ecolóxica”, ao reunir na cidade a expertos en cambio climático, transición ecolóxica e sustentabilidade económica e social de primeiro nivel. A organización describiu o evento como un foro internacional que, por segunda vez, inclúe a celebración conxunta de dúas conferencias, sendo unha das edicións con maior participación.
Tal e como explicaron os organizadores, estas conferencias están dirixidas a que investigadores e investigadoras de diferentes países poidan “intercambiar ideas” e presentar os seus traballos. Nas dúas primeiras sesións plenarias do congreso, articuladas nun formato de diálogo, participaron nomes destacados no campo da economía ecolóxica e o decrecemento como son Samer Abdelnour (Universidade de Edimburgo), Annapurna Mamidipudi (Universidade Ténica de Berlín), Joshua Farley (Universidade de Vermont), Giorgos Kallis (Universitat Autónoma de Barcelona) e Brototi Roy (Universitat Autónoma de Barcelona).
Nos primeiros días profundizouse en temas como a ciencia e a tecnoloxía no contexto de decrecemento e na economía ecolóxica. Púxose o foco na industria do plástico da man de Ekaterina Chertkovskaya (Universidade de Lund, Suecia) e Alice Mah (Universidade de Glasgow), e se debatiu sobre cales son os principais problemas do plástico. Chertkovskaya, investigadora de decrecemento e organización crítica, declarou que “nos enfrontamos a unha crise mundial do plástico que ten dous síntomas: a contaminación das contornas naturais e a contaminación atmosférica provocada polos plásticos”, xa que “o plástico está en todas partes”. Pola súa banda, Alice Mah, profesora de estudos ambientais, ve que o problema vén tamén das crenzas das grandes empresas ao tratar de vender o concepto de “se reciclamos, podemos producir máis”, “e ese é un gran problema”, afirma. Aínda que recoñece que cada vez máis empresas tratan de evitar usar certos materiais plásticos que poidan ser prexudiciais para as persoas, é consciente de que a gran maioría “só pensan no beneficio económico”.
Ademais da problemática da industria do plástico, ambas achegaron cales son as súas alternativas, desde o seu punto de vista, para loitar contra este gran lobby. Coincidiron en que o mellor é ir aos poucos, “hai que traballar para que se vaia contrarrestando en pequenos nichos e que, ao mesmo tempo, se conciencie ás novas xeracións”, expoñía Mah. Do mesmo xeito, Chertkovskaya esclarecía que “hai que deixar de frustrarse coa situación actual e unirse a pequenas iniciativas creadas por movementos activistas e ir gañando pequenas batallas”, “o mellor é tentar cambiar o sistema desde pequenos lugares e de cousas que afecten no día a día das persoas como é, por exemplo, a masificación de plásticos nos supermercados”.
Outro dos diálogos máis destacables foi “Que Economía Circular?”. Nesta sesión participaron Hans-Christian Eberl, representante da Comisión Europea e responsable de economía circular no programa Horizon Europe, xunto con Kersty Hobson, da Univesidade de Cardiff. Os panelistas expuxeron as tensións emerxentes entre o paradigma da Economía Circular e o imperativo do crecemento económico.
Para Eberl, o concepto de economía circular é “algo erróneo” xa que hai “máis de 150 de definicións distintas polo que é difícil poñerse sequera de acordo en que é o necesario para mellorar a situación”. Desta maneira, prefire que se fale de “sociedade circular”. Asegurou que, en relación á circularidade, cre que non se están facendo as cousas ben “estamos ao mesmo nivel que hai 10 anos, porque só se tenta pechar o círculo, no canto de facer cousas que realmente poidan ser máis importantes e necesarias”.
Hobson ve a situación dunha maneira similar, “creo que se trata de reformular a circularidade, non como unha cuestión de consumismo en si, senón de que os cidadáns se apropien dos recursos ao longo do ciclo vital”. Na súa intervención explicou que entende que son as empresas as que necesitan ese consumismo para poder crecer, pero declara que son os cidadáns os que se ten que afastar dese consumismo e exporse un cambio na administración de recursos.
O programa académico completouse con múltiples sesións paralelas que levaron a cabo de mércores a venres en varios lugares do campus e no Pazo da Cultura. Os debates e as presentacións de estudos sumáronse ás iniciativas do Espazo Xove, que buscan fomentar a participación dos estudantes de secundaria participen neste foro dando a coñecer os resultados dos estudos que realizaron “sobre os problemas que afectarían a Pontevedra” no futuro.