Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


A COMISIÓN EUROPEA NON RECIBIU NINGUNHA SOLICITUDE DE FINANCIAMENTO PARA A FÁBRICA DE ALTRI

A Comisión Europea (CE) confirma que non recibiron ningunha proposta de solicitude de financiamento con fondos europeos Next Generation para o proxecto da fábrica de Altri en Palas de Rei. En abril, nun encontro na CE organizado pola eurodeputada do Bloque Nacionalista Galego, Ana Miranda, os representantes da Comisión Europea da delegación de plataformas que se opoñen ao proxecto xa o confirmaban, pero non foi ata hoxe que a Comisión Europea corroborouno.

“Estamos a tempo de paralo, estamos a tempo de que non cométase unha atrocidade ambiental cun proxecto que ten unha enorme contestación social”, afirma a eurodeputada do BNG, Ana Miranda, que realizara unha pregunta parlamentar sobre este asunto e hoxe foi respondido desde a CE.

Segundo informan, o Estado non presentou ningunha proposta para solicitar os fondos europeos para financiar o proxecto de Altri, o cal require a avaliación da fábrica de celulosa e fibras téxtiles no marco dun PERTE (Proxectos estratéxicos para a recuperación e transformación económica). No escrito, a CE indica que un proxecto destas características ten que cumprir con todas as normativas sen vulnerar as cuestións ambientais.

Ana Miranda destaca que estas infraccións xa están a ocorrer desde que Altri tenta "verter auga no río Ulla e no encoro de Portomouros", o cal actualmente sofre unha gran contaminación, encontrándose no nivel más alto de risco. Segundo Miranda, isto sucede desde o momento en que "se vulnera a Rede Natura", así como desde o momento en que o proxecto “poida destruír áreas protexidas onde viven especies endémicas”.

No encontro celebrado o pasado abril en Bruxelas, a delegación española reuniuse con María Teresa Fábregas, Directora do Grupo Operativo do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (SG.RECOVER.B) e Paul Speight, Xefe da Unidade de Cumprimento da Normativa Ambiental (ENV.E.3) e outros responsables de diversas áreas da Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea para ver que se podía facer para paralizar o proxecto.

Tal e como asegurou Miranda, neses encontros, os representantes da CE confirmaron que o Estado español non presentara ningunha solicitude oficial. Ademais, no caso de presentar un proxecto destas características, declararon que debería cumprir con “todos os principios e esixencias de transparencia”. Así como coas “esixencias ambientais e de conflito de intereses”, e que proxecto, se se chega a aceptar, debería comezar a funcionar en agosto de 2026, como moi tarde.

Comparte esta noticia