Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


A choiva salva á Ribeira Sacra e a Galicia do lume… por agora?

Máis de 1.500 hectareas queimadas en Ribas de Sil e áreas limítrofes. É el balance provisional dos incendios que quedaron establizados pola acción da choiva, que empezou a xeneralizarse ao mediodía de hoxe.  O incendio declarado en Ribas de Sil (Lugo), o primeiro Gran Incendio Forestal (GIF) da actual campaña en Galicia, tivo dous focos e afectou a outros puntos da Ribeira Sacra,  obrigou a manter a situación 2, é dicir, o nivel de alerta por proximidade ás casas en Rairos e que se mantivo por precaución. Este incendioafectou tamén aos concellos de Quiroga e A Pobra do Brollón. Ata o momento, mobilizáronse para tentar controlalo 7 técnicos, 17 axentes, 49 brigadas, 22 motobombas, 5 pas, 8 avións e 14 helicópteros. Ademais, ao longo da noite incorporáronse medios da Unidade Militar de Emerxencia (UME). Tamén permanece activo o primeiro dos incendios, que se iniciou ás 21:42h do domingo neste mesmo concello, concretamente na parroquia de Nogueira. Segundo os últimos datos, afecta a unha superficie de 140 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse ata agora 6 técnicos, 17 axentes, 33 brigadas, 26 motobombas, 5 pas, 7 avións e 6 helicópteros.

 

Pola súa parte, tamén estivo activo dende as 11:38h de onte o inciendio de Chandrexa de Queixa (Requeixo), que afectou, segundo as últimas estimacións, a unha superficie inicial dunhas 50 hectáreas.

 

Boa parte destes efectivos son os dependentes do Ministerio de Medioambiente. Según os datos do Centro de Coordinación de la Información Nacional sobre Incendios Forestales (CCINIF), foron despregados catro avións anfibios de gran capacidade (6.000 litros), un avión anfibio de capacidad media (3.000 litros), un helicóptero pesado con unha capacidade de 4.500 litros e un avión de Coordinación e Observación (ACO). Igualmente, interveñen duas brigadas de reforzo contra incendios forestales (BRIF) que traballan día e noite para protexer as poblacións amenazadas plas lapas. As brigadas do MITECO  desplazaronse á zona en catro helicópteros,  con unha capacidad de aportación de auga de 1.200 litros.

 

O conselleiro do Medio Rural, José González, asegurou (na habitual línea argumental institucional) este lúns que o incendio é “claramente intencionado” con base nas “investigacións realizadas”. O conselleiro sinalou a situación de dificultade climatolóxica, con temperaturas de arredor dos 34 graos, fortes ventos e un índice de humidade moi alto, que dificulta o labor dos medios de extinción. Polo tanto, o causante deste desastre “sabía perfectamente o dano que estaba facendo”. Pola súa parte, o alcalde de Ribas de Sil, Miguel Ángel Sotuela, tamén informou de que o incendio foi “a propósito”. Ademais, explicou que, malia a proximidade do lume ás casas, non foi necesario evacuar á poboación. O alcalde criticou, en primeira instancia, a tardanza dos medios de extinción en acudir ás primeiras lapas o que fixo que este se volvera incontrolable.

 

Cabe destacar que en España rexistrouse dende xaneiro ata o 29 de agosto 74.260,32 hectáreas queimadas por incendios forestais, unha cifra que se sitúa por enriba da media da década, que foi de 68.548,02. Segundo os datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), agosto foi o quinto mes con máis hectáreas queimadas nese período (representa o 0,267% de superficie afectada en relación da superficie nacional). Ademais, segundo o MITECO, neste lapso de tempo producíronse 19 grandes incendios, o que supón máis de 500 hectáreas destruídas.

 

Arden os bosques retratados por María Oruña no seu recente bestseller

 

Os incendios forestais coinciden son algíuns dos retratados en  El bosque de los cuatro vientos, thriller histórico publicado en agosto de 2020 e ambientado en Santo Estevo, localidade ourensá. A obra, escrita por María Oruña, acumula xa dez edicións e recibiu excelentes críticas dende os ámbitos culturais e literarios. A historia é a lenda dos nove aneis dos obispos que nos séculos X e XI chegaron ao monasterio de Santo Estevo escapando das incursións musulmás. A autora, para investigar a lenda, visitou todas as ruínas e arte románico de Ourense, destacando “o abandono total da arte civil e sacro que temos aquí”. Así, a  novela contén unha reivindicación do patrimonio galego, natural e histórico e ensalza os montes do concello que están a desaparecer en parte por este lume.

 

GALICIA AMBIENTAL LAMENTA A ACTITUDE EXTRAPUNITIVA DA XUNTA

 

Dende Galicia ambiental lamentouse a “repetición sistemática”  da desculpa monotemática (baseado nunha evidencia, pero non por elo menos extrapunitiva) da Xunta de Galicia sobre os “incendiarios”. Recoñecida a existencia deles, utilízase para desviar responsabilidades  pola falta de investimentos parta evitar o abandono de actividades tradicionáis no monte e a falta de investimentos en prevención… factores que están a converter en incontrolables os lumes,  coa “axuda”  de factores asociados ao cambio climático. En Galicia estanse perpetuando as condicións ideais para unha “tormenta perfecta”. No caso que nos ocupa, as ladeiras pronunciadas, o abandono de tarefas de silvicultura preventiva desde fai décadas e a tardanza en activar os sistemas de extiunción… terían contribuido ao descontrol dos dous focos de lume, nun escenario de vento, tempertatura e baixa humidade ambiental.

 

A persistencia das actuáis condicións ambientáis en Galicia abocaríanos a repetir o outono de 2017,  e a vaga de lumes que calcinou unha parte importante de Galicia, precísamente nas áreas con menor investimento en restauración e prevención.

Comparte esta noticia