
Galicia Ambiental ten activo un programa de voluntariado que se nutre de inscritos / participantes en actividades de reforestación, accións de control de especies alóctonas e convocatorias de limpeza e desplastificación de espazos naturais. Para converterse en “Voluntario Galicia Ambiental” tan só ten que inscribirse nalgunhas das actividades que se publican / convocan nas nosas redes sociais e nesta mesma sección. Así mesmo pode anotarse empregando o noso “formulario”e deste xeito recibirá unha invitación a sucesivas actividades nas que participará coa condición de “Voluntario”. Esta condición adquírese por acordo da Xunta Directiva e outorgarase de balde e non suporá un pago de ningún tipo.
* Actividades desenvoltas baixo o amparo de Pólizas de Responsabilidade e accidentes (na actualidade coa aseguradora Mapfre)
Próximas convocatorias
Debido ás restricións impostas pola situación xerada pola pandemia da COVID-19, estas non se convocarán “en aberto” e só se comunicarán a membros locais dos programas.
Crónicas
Formulario de inscripción