skip to Main Content
Verteduras Sen Depurar Ao Mar: Graves Consecuencias Medioambientais E Multas Millonarias

Verteduras sen depurar ao mar: graves consecuencias medioambientais e multas millonarias

En xullo de 2018, o Tribunal de Xustiza da Unión Europea dictaba unha sentenza que obrigaba a España a pagar 12 millóns de euros por incumprimento da Directiva 91/271/CEE sobre o tratamentos de augas residuais urbanas. Un ano máis tarde, a multa fíxose efectiva pero o seu importe segue a aumentar e parece que non o deixará de facer ata o 2023, recoñecido mesmo polo propio Ministerio de Transición Ecolóxica. Cren que nese ano todos os núcleos urbanos que foran obxecto da denuncia se axusten á normativa, pero o certo é que a día de hoxe aínda quedan moitos puntos nos que se segue vertendo á ríos e mares. De se cumpliren estes prazos, España tardaría a frioleira de 32 anos en axustarse á directiva aprobada no 1991, e nos que o importe da multa seguirá aumentando.

No Día Mundial dos Océanos, que se celebra cada 8 de xuño, analizamos nesta entrada cómo foi evolucionando esta multa millonaria e as consecuencias medioambientais das verteduras ao mar, das que tamén existen casos en Galicia.

 

De varios avisos á denuncia: a historia dunha multa millonaria

A Directiva 91/271/CEE establecía que as aglomeracións urbanas de máis de 15.000 habitantes terían que cumprir uns requisitos mínimos de recollida e tratamento de augas residuais, para así evitar as verteduras sen control a ríos e mares. Uns requerimentos da UE que debían efectuarse antes do ano 2001 e que consistían básicamente na construcción de colectores e estacións de depuración de augas residuais (EDARs). Pero España nin cumpre coa normativa nin cos prazos, de aí que logo de varias advertencias, a Comisión Europea denuncia ao noso país no 2008 e é condenado tres anos despois, polo incumprimento desta directiva europea en 37 núcelos de poboación. Zonas urbanas que se concentraban en Andalucía, Comunidade Valenciana, Canarias, Cataluña, Asturias, País Vasco e Galicia.

Na sentenza a Comisión Europea estableciulle a España un novo prazo, xullo do 2013, e non supuxo a imposición dunha multa nese momento. E unha vez máis a prórroga volveu expirar, e xunto coa concesión de catro anos máis, España “gañou” unha nova denuncia por incumprimento da normativa en 17 núcleos urbanos. Consecuencia: unha multa millonaria de 12 millóns de euros por incumprimento prolongado. Pero amais desa cantidade, o Estado español terá que pagar de xeito semestral 10,95 millóns de euros mentras se manteñan os incumprimentos pola imposición dunha sanción coercitiva.

 

As verteduras nas costas galegas

Betanzos, Viveiro, Caión, Esteiro… son moitos as verteduras de residuos urbanos que afectaron, e afectan aos ríos e ás costas galegas, nalgúns casos de forma puntual e outros de maior envergadura e de xeito continuado. Como é o caso de Pontevedra (onde actividade pesqueira e de marisqueo se ven afectados por Ence) e Vigo que foi unhas das zonas polas que España foi condenada a pagar a multa por incumprimento da normativa europea. As conscuencias das verteduras, amais do malos olores e de conlevar no seu momento ao peche de praias para o baño, afectaron ao marisqueo, base económica da zona. As rías de Arousa, Pontevedra e Vigo albergaban unha decena de núcleos afectados por vertidos. A mesma cidade de Vigo, que inicialmente fora incluída  na sentenza da UE de 2011, quedou fóra da multa no verán de 2018, pero con todo, a contaminación por vertidos de augas residuais urbanas da ría da cidade era tan grave que o Parlamento Europeo segue a ter a zona no punto de mira.

A maioría dos focos contaminantes das augas galegas teñen a súa orixe no deficiente estado das redes e as infraestructuras de saneamento dos concellos. As actividades industriais e agrícolas, lembremos o vertido de purín ao río Eo o pasado verán, tamén contribúen á contaminación das augas. No caso dalgunhas rías, o impacto da construcción e fondeo de buques deixan a súa pegada.

Depuradoras con capacidade insuficiente e filtracións da rede son as principais causas do deficitario funcionamento en moitas localidades, e na que os concellos alegan non ter a capacidade económica suficiente para solventar estes problemas.

 

As consecuencias dos vertidos sen depurar

O incumplimento da normativa ambiental no tratamento das augas residuais non só ten consecuencias económicas para España, as consecuencias van moito máis alá e o seu impacto no entorno é importante.

Nos núcleos urbanos, as augas residuais poden contener infindade de desperdicios, que sen seren tratadas, descárganse ao mar, ríos, lagos, solos e inclusive no subsolo a través das fosas sépticas.

Malos olores, presentan un potencial tóxico e infectivo importante, tanto para a fauna e flora, como para a saúde das persoas que consuman ou poidan usar esas augas con fins recreativos, amais de que presentan microorganismos que contaminan a auga.

Facer fronte á escaseza da auga, un problema crecente por mor do avance da desertización, depende tamén do correcto tratamento das augas residuais, para que estas volten aos cauces naturais en condicións óptimas para o medio ambiente e a sáude das persoas.

A día de hoxe, 29 anos de retraso no cumplimento da normativa europea son máis que inadmisibles, económica pero ante todo para o noso medio.

Back To Top