skip to Main Content
UNITEGA Pide Máis Diñeiro á Consellería De Medio Ambiente Na Compensación Dos Danos Producidos Polo Xabaril

UNITEGA pide máis diñeiro á Consellería de Medio Ambiente na compensación dos danos producidos polo xabaril

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda destina diñeiro de recursos cinexéticos para paliar danos de especies non cazables. Así, segundo un comunicado da Unión de TECORES e Cazadores de Galicia (UNITEGA), desvíase para o lobo e o oso un 33% dos fondos de danos de xabaril, cando deberían ser cubertos dende partidas de proteción da naturaleza. Todo isto nun momento no que o Ministerio de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) compromete o pago de 20 millóns de euros a repartir entre as comunidades autónomas con lobos.

 

O Parlamento de Galicia aprobou o 21 de decembro os Orzamentos para o 2022, asignando unha partida de 2.153.524 euros para indemnizacións por danos de especies cinexéticas con cargo a fondos propios da Xunta de Galicia. Por outra banda, a Consellería de Medio Ambiente publicou recentemente tres ordes de axudas para paliar os danos provocados polo xabaril, o lobo e o oso pardo, por uns importes de 1.447.300 €, 646.224 € y 60.000 € respectivamente. A suma destas tres cantidades coincide co orzamento total destinado nos Orzamentos do ano 2022 para indemizacións por danos de especies cinexéticas, coa particularidade de que nin o oso nin o lobo teñen ese estatus na actualidade en todo o territorio español.

 

UNITEGA considera imprescindible que a Consellería de Medio Ambiente destine a totalidade dos 2.153.524 euros na compensación dos danos producidos polo xabaril, “o que permitiría subir aínda máis o tope de 2.500 euros por beneficiario que se aplicará no ano 2022 e que resulta insuficiente cando os danos producidos afectan ás explotacións agrícolas profesionais”. A entidade tamén indica que, ao marxe da polémica xerada pola inclusión do lobo no LESPRE, a Xunta de Galicia “ten a obriga de optimizar os recursos destinados ás necesidades dos seus agricultores e gandeiros, para chegar a cubrir a totalidade dos danos que sofren por culpa da fauna salvaxe”.

 

De acordo co artigo 148.1.11 da Constitución, en virtude do establecido no artigo 27.15 do Estatuto de autonomía de Galicia, esta comunidade autónoma ten competencia exclusiva en materia de caza. A Concellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda copiou a orde do ano pasado, probablemente sen saber que o Ministerio protexeu ao lobo. No momento de aprobarse ese orzamento, o lobo xa non era especie cinexética, polo que esa partida só podería destinarse aos danos producidos por especies cinexéticas. Así, a Consellería de Medio Ambiente instrumentaría esta partida do lobo, moito máis reducida, no lugar de colaborar para ver como se reparten os 20 millóns comprometidos polo Ministerio. O que fixeron foi sacar 645 mil euros (igual que 2021) de fondos cinexéticos para atender danos causados por unha especie que xa non é cinexetica.

Back To Top