skip to Main Content
Sospeitas De Que A Empresa Da Ex Conselleira Beatriz Mato Obtivo Información Privilexiada Para Tramitar Proxectos Eólicos

Sospeitas de que a empresa da ex conselleira Beatriz Mato obtivo información privilexiada para tramitar proxectos eólicos

ADEGA, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, sospeita que os trámites de varios proxectos de Greenalia, a enerxética na que de dende febreiro é directiva a exconselleira de Medio Ambiente Beatriz Mato, gozan de axudas e privilexios oficiais e oficiosas.

Na actualidade esta empresa enerxética está a tramitar coa Xunta de Galicia uns 13 parques eólicos aos que hai que sumar outros 14 en proxecto por máis de 700 MW.

Amais da Orde de Medio Ambiente do 27 de abril, na que a Xunta desbloquea a tramitación das avaliacións ambientais dos parques eólicos, as que se atopaban paralizadas desde a declaración do estado de alarma, ADEGA explica que “algunhas destas empresas, nomeadamenrte Greenalia Wind Power SLU, contaron ademais para os seus proxectos con “axudas informais” da Xunta e mesmo información privilexiada que só obra en poder da administración”.

 

Baixo a lupa 13 proxectos de Greenalia

ADEGA está a revisar as ducias de proxectos eólicos aos que a Xunta, din, vén de favorecer coa reactivación dos procedementos de avaliación ambiental. Entre estes proxectos que a asociación está a revisar atópanse  os 13 que Greenalia Wind Power SLU ten en diferentes fases de tramitación.

Un exemplo deste proxectos é o parque eólico “O Cerqueiral”, nos concellos de Cabana de Bergantiños, Coristanco e Santa Comba, xunto cos veciños parques “Campelo”, “Bustelo” e “Monte Toural”, tamén de Greenalia, que son un despece dunha única instalación pero que a Xunta está a tramitar por separado e que afecta a unha área (a contorna da Lagoa de Alcaián) de enorme valor ecolóxico.

A tramitación por separado do que debería ser un único parque para eludir determinados procedementos, explica ADEGA, “supón xa unha fraude de lei, que Greenalia nen sequera oculta ao informar de que o PE O Cerqueiral comparte infraestruturas (central de transformación e liña de evacuación) cos outros tres parques veciños”.

 

Información privilexiada para facer proxectos á carta

Amais do mencionado,do parque eólico “O Cerqueiral”, Greenalia Wind Power SLU menciona como referenciac dous planos de xestión de dúas especies ameazadas: o Plano integral de recuperación da Centaurea ultreiae, planta perigo de extinción e o Plano integral de conservación da tartaraña cincenta (Circus pygargus) e da gatafornela (Circus cyaneus), dúas especies de aves vulnerábeis.

O problema está en que estes dous documentos de xestión, non foron aínda aprobados nin publicados no DOG, polo que non están en vigor. ADEGA cuestiona que unha empresa privada teña acceso para defender os seus intereses á información “contida nuns documentos que non son públicos e que recollen valiosos datos científicos” sobre estas especies cando institucións públicas e a poboación en xeral non dispón desa información.

A fichaxe de Mato por Greenalia

Foto: Ana Varela

No mes de febreiro facíase saber da “sorprendente” ou non, fichaxe da ex conselleira de Medio Ambiente e ex líder do PP coruñés como directiva desta empresa enerxética. E parece que a cousa non era para menos, pois xorden arredor desta incorporación alguna que outras incógnitas.

A nova saltaba aos medios de comunicación logo de que a empresa en cuestión, Greenalia, anunciase a incorporación de Beatriz Mato como directora de Desarrollo Corporativo e RSC, así como ao mesmo tempo pilotará a fundación que pretende crear a firma en apoio din, “a transición enerxética, inclusión e a igualdade”. Ata aquí, parece que todo se pode definir como “normal”, sen embargo a volta da ex conselleira á empresa privada crea moitas dúbidas.

 

Lei de incompatibilidades

Beatriz Mato volve a empresa privada logo de que o pasado mes de decembro abandonáse a política.  A que fora Conselleira de Traballo e Medio Ambiente, deixou a Xunta en setembro de 2018 para aspirar á alcaldía de A Coruña, de aí que a súa fichaxe por esta empresa enerxética, pode bater coa lei de incompatibilidades. Nela especifícase que “durante os dous seguintes anos á data de cese, os altos cargos, non poderán realizar actividades nin prestar servizos en entidades privadas relacionadas con expedientes sobre so cales se dictasen resolución”. Neste punto hai que lembrar que durante os anos nos que Mato estivo á fronte da Consellería de Traballo e Medio Ambiente, tomáronse decisión relacionadas coa empresa que agora a incorpora ao seu plantel.

 

Unha modificación da lei para aprobar unha planta de biomasa

Aínda que no Diario Oficial de Galicia (DOG) non consta que haxa nada asinado por Beatriz Mato a favor de Greenalia, si consta por parte da súa subordinada daquela e que a día de hoxe aínda é a directora xeral de Calidade Ambiental, Cruz Herrera.

Segundo denunciaran no seu momento a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, ADEGA, a Xunta e o PP favoreceron á enerxética por medio dun cambio legal. ADEGA engade que a Xunta de Galicia presuntamente favoreceu á dita compañía para a instalación da súa central de biomasa en Curtis. Esta planta de biomasa, recibiu o visto bo ambiental e a posibilidade de ampliar a súa potencia durante a etapa de 2015 a 2018, na que Mato foi conselleira.

Durante a etapa de Mato como conselleira de Medio Ambiente e até 2019, a Xunta autorizou tamén 5 parques eólicos ás distintas filiais de Greenalia, e concedeu 795,000€ en subvencións e 1.000.000€ en préstamos ás empresas do grupo. Algúns dos parques autorizados, como o parque eólico Campelo, a carón da lagoa de Alcaián en Coristanco e Santa Comba, amosan graves afeccións ambientais a hábitats prioritarios e mesmo a especies endémicas en perigo de extinción, únicas no mundo.

Back To Top