skip to Main Content
Sete Das 100 Explotacións Gandeiras De España Máis Contaminantes Por Emisión De Amoníaco Atópanse En Galicia

Sete das 100 explotacións gandeiras de España máis contaminantes por emisión de amoníaco atópanse en Galicia

España supera o teito de emisións de amoníaco permitido pola Unión Europea, nas que o 92% (datos do ano 2017) son orixinadas pola gandería industrial. E ao contrario do que pasa no resto de Europa, no noso país seguen en aumento repercutindo gravemente sobre o medio ambiente e de xeito indirecto sobre a saúde das persoas.

Entre 1990 e 2015, a UE conseguira reducir as emisións deste gas nun 24%, con todo España non contribuíu e elo, todo o contrario. Entre 2014 e 2016, as emisións de amoníaco en España incrementaron en máis do 6%, unha mostra da tendencia de crecemento continuado no noso país. Esta intensificación é debida sobre todo ao crecemento da gandería industrial, de feito das 100 industrias estatais máis contaminates, 94 son explotacións gandeiras industriais (54 de aves e 40 de porcino) e das cales sete están en Galicia.

*Na imaxe: explotacións que superan o límite de animais / emisións (Greenpeace)

*Na imaxe: explotacións que superan o límite de animais / emisións (Greenpeace)

No tocante á distribución das emisións polo territorio as comunidades de Cataluña, Aragón e Castela e León concentran máis da metade das emisións totais de España (61%).

Centrándonos en Galicia, Deza é unas das comarcas que máis contribúe a ese aumento, seguida de A Limia e Caldelas (Ourense). As granxas de porcino e de aves son as principais responsables e o seu crecemento nas tres comarcas galegas é espetacular, sen que se tomen medidas para o control e tratamento de puríns. Hai que ter en conta que este gas contaminante causa a acidificación dos solos repercutindo negativamente polo tanto, na calidade da auga e dos cultivos.

As emisións de amoníaco en España, atópanse nun 39% por riba do teito de emisións establecido na Directiva 2001/81/CE. De aí que a Comisión Europea nos advertise de que estamos a incumprir os límites de emisión dende que entrara en vigor no 2010, e que temos que tomar a súa reducción como unha das accións proritarias deste ano 2019.

Back To Top