Saltear al contenido principal
Representación Galega Na Comisión Europea De Industria, Investigación E Enerxía

Representación galega na Comisión Europea de Industria, Investigación e Enerxía

Os novos eurodiputados tomaron hai uns días posesión dos seus cargos en Estrasburgo. Entre eles, o socialista lalinense Nicolás González Casares.

O Parlamento Europeo decidiu este pasado mércores os membros que integrarán cada unha das comisión e subcomisións permanentes da Cámara. Os 51 eurodiputados españois estarán repartidos entre as vinte comisións e dúas subcomisións, as mesmas que na lexislatura anterior. A elección dos presidentes de cada unha delas terá lugar nas súas respetivas sesión constitutivas, ao longo de esta semana en Bruxelas.

O galego, González Casares,  formará parte da Comisión de Industria, Investigación e Enerxía, formada por un total de 72 membros. Tralo acto celebrado hai uns días, aseguraba que a súa intención é a de “traballar por unha Europa unida, que diga non á xenofobia, ao totalitarismo e á exclusión das persoas”. O lalinense Nicolás González, engadía ademais que colaborará en medio ambiente e saúde pública e en pesca, pois os eurodiputados poden exercer de sustitutos noutras comisión.

O membro xa da Comisión de Industria, Investigación e Enerxía, fixa di como principal obxectivo para esta lexislatura “combatir o cambio climático e o desenvolvemento de modelos enerxéticos e sostibles”, facendo unha aposta polo paradigma da Economía Circular. Engade que estos retos serán os que definan estes próximos cinco anos “como elementos centrais” que deben dar respostas ás inquedanzas dos cidadáns.

Estaremos moi pendentes entón de cada un dos pasos que se vaian dando no ámbito europeo, no tocante a esta materia que nos ocupa.

Volver arriba