skip to Main Content
Remata O Estudo De FSC Que Emprega As Fragas Do Eume Como Laboratorio Natural Para Conseguir Bosques Máis Resistentes

Remata o estudo de FSC que emprega as Fragas do Eume como laboratorio natural para conseguir bosques máis resistentes

FSC España, a ONG internacional que vela pola sostenibilidade dos bosques, conclúe o estudo para conseguir bosques máis resitentes ao cambio climático. Co apoio técnico de científicos do Grupo de Ecoloxía e Restauración Forestal da Universidade de Alcalá, desenvolveu ao largo destes dous últimos anos un sistema de indicadores de adaptación ao cambio climático. Para levar a cabo a investigación “Adaptación ao cambio climático a través da certificación FSC: implementación e seguimento dun protocolo de xestión adaptativa nos bosques españois”, escolleron tres espazos protexidos singulares como laboratorios naturais seleccionados no último ano. Trátase de bosques de piñeiros, carballos, aciñeiras e cepos certificados FSC na Serranía de Cuenca, no Parque Natural da Serra de Aracena e Picos de Aroche (Huelva) e tamén no Parque Nacional das Fragas do Eume.

Estes traballos deron continiudade a unha primeira fase do estudo centrada noutros bosques como os montes veciñais en mancomún da parroquia de Barrantes en Pontevedra ou da Serra de Guadarrama (Segovia) e de Navahonda no Parque Natural Serras de Cazorla, Segura e As Villas (Jaén). Todos eles elixidos para avaliar os impactos ambientais e a vulnerabilidade que sofren os bosques por mor do cambio climático.

Ante a incerteza do quecemento global e a súa incidencia nas masas forestais, FSC ve necesario adiantárse aos seus efectos negativos. De aí que inciden na importancia de reforzar a súa resistencia fronte ao cambio climático, é decir, a capacidade de recuperación que teñen ante os impactos negativos provocados polo aumento das temperaturas e a disminución das precipitacións.

O estudo inclúe ademais, “un diagnóstico da situación actual destes montes piloto e unas recomendacións para a súa xestión”, así como tamén crear un protocolo de implemetación, seguimento e avaliación e tamén unha validación e xerarquización de indicadores.

Back To Top