skip to Main Content
Reciclaxe: Non é €ouro” Ou €amarelo” Todo O Que Reloce

Reciclaxe: non é “ouro” ou “amarelo” todo o que reloce

Nin os ceos claros e azuis, nin as augas limpas das canales de Venecia, así como tampouco as fotos de animais “conquistando” as cidades durante o confinamento son unha boa noticia para o planeta. A COVID-19 non da un respiro ao medio, ao contrario, o efecto rebote post pandemia vai ser unha realidade: primará a parte máis insostible da economía por enriba do medio ambiente. E esta mesma situación podemos extrapolala á reciclaxe.

Segundo a última “Memoria Anual de Generación y Gestión de Residuos de Competencia Municipal” (2017, Ministerio de Transición Ecológica) da que se dispón, España atópase moi lonxe dos obxectivos de reciclaxe para este 2020 e ocupa os peores postos no ranking dos países de Europa nesta materia. Se falamos do total de residuos municipais, España ten moito que mellorar. A taxa global de reciclaxe dos residuos municipais é do 33,9 %, unha cifra que dista moito do 55 % que esixe a UE para o ano 2025 e da media europea, situada no 45 %, segundo os datos de Eurostat (2016).

Se atendemos ás cifras de Galicia, éstas son menos son alentadoras. A nosa comunidade atópase á cola do estado, e só é “superada” por Melilla. En Galicia tan só se recicla un 14,8 % dos residuos. Ante esta realidade, en materia de reciclaxe a comunidade galega estaría moi lonxe de obter un aprobado nesta materia.

Os datos non son bos e a crise sanitaria na que estamos inmersos parace que tampouco os están a mellorar.

 

A reciclaxe durante a pandemia sanitaria

Esta tería que valernos de exemplo para confirmar que debemos ser máis responsables, e no aspecto medioambiental tamén, pero parece ser que a cousa non é tanto así. No Día Mundial da Reciclaxe, fáise importante recordar que a xestión adecuada dos residuos é responsabilidade de todos. Nos fogares en facer unha correcta separación e un bo uso dos colectores; e nas plantas en realizar unha xestión adecuada dos residuos, empregando o seu desbote en vertedoiro como último caso e primando a reciclaxe en primeiro.

Durante o confinamento o volumen de residuos aumento na meirande parte da nosa comunidade. Só se reduciu levemente nalgunhas cidades como A Courña, na que o lixo que chegou á planta de tratamento de Nostián reducíronse nun 13 % dende o inicio do estado de alarma ata a comezos deste mes de maio. Pero este fenónemo é derivado do traslado de moitos dos cidadáns ás súas segundas residencias, co cal o volume de residuos en áreas metropolitanas aumentou. Un exemplo desta situación é a cantidade de lixo que chega á planta de Servia. O lixo disparouse dende o comezo do confinamento, e entre a última semana de marzo e a primeira do mes de abril, chegaron á esta planta 110 toneladas máis que no mesmo período do ano pasado. Unha suba de preto dun 11 %, unha porcentaxe similiar que tamén manexan dende Sogama.

Tendo en conta que a activdade comercial e hostaleira están paradas, este repunte no volumen de lixo débesa sobre todo á cantidade de impropios que chegan nos contedores. O certo é que moitos aproveitaron as semanas de encerro para facer limpeza nos fogares e desfacerse así de aparellos que xa non empregan, e que no tocante de depositarse nos puntos limpos, rematan nos colectores da fracción de restos; así como tamén o aumento do consumo de envases xerados en alimentación. Este tipo de malas prácticas, non separar adecuadamente o lixo, dificulta a reciclaxe nas plantas, aínda que, como no caso de Sogama se intente “vender” como datos de reciclaxe as cifras de peso de contenedor amarelo á súa entrada en planta. Malia que indican que durante o mes de marzo a reciclaxe aumentou un 25 % o certo é que corresponde ao peso do colector amarelo cando chega á planta.

Algo parecido ocorre co uso do vertedoiro en Sogama. Logo duns meses de redución, debido á posta en marcha da nova planta de selección, volven repuntar as toneladas de lixo destinadas directamente a vertido e sen tratamento previo, propiciado pola saturación da liña de incineración como consecuencia da “xestión” de residuos sanitarios “encomendada” pola Xunta.

 

Obxectivo 2025

Para poder mellorar os datos expostos e achegarnos ao obxectivo europeo para o 2025, é preciso unha aposta firme por políticas centradas nos biorresiduos, a través da compostaxe a pequena e a mediana escala: caseira, comunitaria e en pequenas plantas. Amais de campañas de concienciación acompañadas de medidas fiscais que beneficien ás boas prácticas en xestión de residuos. Así o fan onde se atopan os mellores resultados no Estado, e tamén fóra das nosas fronteiras, onde van da man as Administracións, as Universidades, o persoal político e tamén o técnico.

A cooperación entre sistemas e a aplicación dos principios de Economía Circular, son piares nos que apoiar o cumprimento dos obxectivos fixados e a nova normativa, que sitúa a incineración e o vertedoiro como últimas alternativas, pero pon o acento na recuperación e na reutilización sen fin de elementos inorgánicos e orgánicos.

Back To Top