skip to Main Content

A existencia de asociacións de empresas que traballan no sector ambiental pouco representativas (reducido número de empresas ás que representan), sitúa nunha situación de desvantaxe aos profesionais que traballan neste sector. A elo, únense a falta de participación activa, desta, en órganos consultivos, desenvolvemento de accións relacionadas coa carreira profesional e denuncia de malas prácticas ou intrusismo profesional.

Por iso, a Asociación Galicia Ambiental, logo dun período constituínte (18/19) conseguiu unha moi alta repercusión (especialmente co desenvolvemento de proxectos ambientais: reforestación e formación en Economía Circular), e dá agora un novo paso no cumprimento dos seus estatutos e do seu Plan Estratéxico e comeza un prazo de admisión de socios, que participarán na Asemblea Xeral Anual que se celebrará en xaneiro de 2020.

Tal e como establecen os ESTATUTOS, a Asociación Galicia Ambiental ten como principais obxectivos: o desenvolvemento de campañas de sensibilización, a denuncia de irregularidades ambientais e a defensa dos intereses profesionais dos traballadores de empresas ambientais (aglutina e defende os intereses de persoas, non de empresas).

Por iso invitámosche a INFORMARTE por medio do envío, sen compromiso algún, do formulario FÁITE SOCIO. Unha vez recibida a solicitude, aceptarémoste provisionalemente pola Xunta Directiva e convocado á I ASEMBLEA XERAL na que comezará a andaina colectiva desta organización, ata o de agora centrada exclusivamente no seu “lanzamento” e no desenvolvemento das primeiras campañas de formación e sensibilización.

NOTA: A insrición e a alta é de balde, non se xera a cota mensual ata a aceptación pola Xunta Directiva e a ratificación da condición de socio (e a túa aceptación) logo da celebración da Asemblea Anual.

Back To Top