skip to Main Content
Piden O Peche De Granxas De Visóns En Galicia Polo Alto Risco De Propagación Da COVID-19

Piden o peche de granxas de visóns en Galicia polo alto risco de propagación da COVID-19

Mentras en países como Dinamarca, sacrificaron na última semana entre 15 e 17 millóns de visóns despois de constatar a posible relación entre estes animais e unha mutación da COVID-19 por parte das autoridades sanitarias deste país, en Galicia, parece que este feito non ten ningún tipo de repercusión neste sector.

A Comunidade galega conta coa maior parte do volumen de negocio desta actividade en España, en concreto as tres cuartas partes do total de granxas de visións. Segundo os datos da Consellería de Medio Rural, Galicia posúe 26 centros rexistrados e preto de 81.500 reproductoras, a maior parte adheridas á Asociación Galega de Criadores de Visón, AGAVI. Precisamente dende esta asociación deféndense explicando que nas granxas galegas “non se produciu ningún positivo entre visións ou traballadores” e que están a levar a cabo “medidas específicas para evitar a infección” a través de “estritos protocolos de bioseguridade”. Unha postura que tamén defenden dende a Consellería de Medio Rural e indican que as cifras deste sector en Galicia “nada teñen que ver coa densidade de explotación e animais” que existe neses países pois “contan cun censo infinitamente máis elevado”.

Con todo, son moitas as asociación ecoloxistas, como ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), que denuncian que a nosa comunidade ten maior risco de dispersión do COVID pola cría de visión.

 

Risco biolóxico para os ecosistemas e tamén sanitario para as persoas

Dende ADEGA explican que as granxas de visón americano, que amais de tratarse dunha especie exótica invasora, e “alén de supoñer un elevado risco biolóxico para os ecosistemas, poden ser tamén un vector de dispersión de novas cepas de COVID-19”. Un sector, engaden no que nos últimos anos, “o comportamento ultra-permisivo da Xunta coa industria pelexeira do visón fixo que no noso país recalaran novas granxas, fuxindo da prohibición destas instalacións en moitos países europeos (Holanda, Reino Unido, Alemaña, Suíza, Austria, Croacia…)”.

Lembran dende ADEGA que a petición de peche destas granxas non ven de agora, senón que “o movemento ecoloxista leva anos reclamando o peche progresivo destas instalacións, por perigosas e innecesarias, que non poucas veces tamén son exemplo de maltrato animal”. E agora, amais hai que sumarlle os riscos que supón para a saúde das persoas ao haber indicios de que o visón pode servir de transmisor da COVID, e mesmo podería ser responsable dunha mutación do virus.

Unhas reclamacións de peche, nas que a Xunta de Galicia “se amosou sempre reacia a controlar e limitar a expansión destas granxas de visión “e mesmo seguíu autorizando novas explotacións mentras noutros países europeos procedían a clausuralas.
Tamén lle esixen ao goberno galego medidas más drásticas como “facer seguimento e análises dos animais e persoas traballadoras de todas as granxas, non só daquelas con positivos ou con casos sospeitosos”.

Back To Top