skip to Main Content
O MITECO Firma Os Protocolos De Actuación Para Elaborar O Convenio De Transición Xusta Das Centrais De Meirama E As Pontes

O MITECO firma os Protocolos de Actuación para elaborar o Convenio de Transición Xusta das centrais de Meirama e As Pontes

A secretaria de Estado de Enerxía do Ministerio para la Transición Ecológica y o Reto Demográfico (MITECO), Sara Aagesen, ven de firmar os Protocolos de Actuación para os Convenios de Transición Xusta relativos ás centrais galegas de carbón de Meirama e As Pontes. Os Protocolos reflicten o compromiso adquirido tanto polo Goberno central, a Xunta de Galicia e a FEMP a través da Asociación de Comarcas Mineras (ACOM) para traballar xuntos na elaboración do Convenio de Transición Xusta e formalizar a inclusión dos 19 municipios afectados nas zonas susceptibles de recibir axudas canalizadas polo Instituto para la Transición Justa (ITJ).

 

Segundo Aagasen, “estamos moi contententos coa firma do protocolo por parte do goberno galego”. Ademais, resalta que “levabamos moito tempo esperando esta firma para seguir traballando con estes municipios galegos”. A firma prodúcese logo de que culminasen os procesos participativos lanzados polo ITJ cos documentos de delimitación, caracterización e diagnósticos preliminares das zonas afectadas polo peche de centrais térmicas. Grazas a este mecanismo de participación pública, será posible identificar posibles ideas e proxectos, inversións e oportunidades de emprego. Con Galicia finalmente complétase a firma de todos os protocolos para as zonas de transición xusta, tras Aragón, Asturias, Castela e León, País Vasco, Castela a Mancha e Andalucía.

 

 Delimitacións e zonas definitivas

 

Os diagnósticos e a delimitación final das zonas de transición xusta estaba suxeita a cambios derivados do proceso de consulta e estudo. Así, incluíuse o municipio de Ferrol no convenio de As Pontes. Finalmente, son 14 os municipios incluídos no Convenio de Transición Xusta de As Pontes: As Pontes de García Rodríguez, A Capela, Xermade, San Sadurniño, As Somozas, Mañón, Monfero, Moeche, Cerdido, Vilalba, Cabanas, Ortigueira, Muras e Ferrol; e cinco os municipios del Convenio de Meirama: Cerceda, Ordes, Carral, Tordoida e A Laracha.

 

Coa firma destes Protocolos, estes municipios poderán optar ás novas axudas que lanzará proximamente o ITJ, como a orde de axudas dirixidas a proxectos de infraestruturas en municipios afectados por transición enerxética no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), ou axudas a proxectos empresariais e pequenos proxectos de inversión xeradores de emprego.

 

 Convenios de Transición Xusta

 

Os Convenios de Transición Xusta constitúen unha das ferramentas de implementación da Estratexia de Transición Xusta do Goberno de España. Segundo o MITECO, “estas ferramentas contribúen a crear un novo tecido produtivo nas zonas en transición enerxética a partir da participación dos axentes implicados”. Coa firma destes Protocolos, son 14 os Convenios de Transición Xusta en marcha e 7 os gobernos autonómicos cos que se firmaron Protocolos de Actuación.

 

  • Andalucía: Puente Nuevo-Valle del Guadiato (Córdoba); Carboneras (Almería); Los Barrios (Cádiz).
  • Aragón: Andorra-Comarcas Mineras (Teruel).
  • Principado de Asturias: Suroccidente, Valle del Nalón y Valle del Caudal- Aboño.
  • Castela a Mancha: Zorita.
  • Castilla e León: Bierzo-Laciana y Montaña Central Leonesa-La Robla (León) y Guardo-Velilla (Palencia).
  • Castilla e León e País Vasco: Garoña (Burgos y Álava).
  • Galicia: Meirama e As Pontes.
Back To Top