skip to Main Content
O Lobo: Especie De Protección Especial

O lobo: especie de protección especial

O lobo ibérico terá máis protección no noso país. Deste xeito, e logo de varios meses de bloqueo, a Comisión Estatal para o Patrimonio Natural, decidiu por votación na mañá de hoxe aumentar a protección do lobo (Canis lupus) incluíndoo no Listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial, e polo tanto un paso decisivo para prohibir a caza desta especie silvestre. Foi preciso iso si, unha segunda votación, e aprobouse finalmente por 9 votos a favor e oito en contra.

Xa foron varios os intentos de chegar a un consenso, a última o pasado mes de novembro cando o Ministerio pola Transición Ecolóxica barallaba a posibilidade de incluir ao lobo ibérico no Listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial (LESPRE). Non tardou en ter resposta por parte de varias comunidades autónomas, entre elas Galicia xunto con Asturias, Cantabria e Castela e León, para disuadir ao ministerio e mostrando o seu rexeitamento a un posible aumento da protección do animal, escudándose, en que este feito deixaría desprotexida á gandería e conlevaría a un aumento de ataques de lobos ao gando. Uns argumentos que forma declinados por varias asociacións como Adega, que explican son os mesmos que hai trinta anos (véxase o debate político sobre o lobo que se desenvolveu no Congreso dos Deputados desde o ano 1985), polo tanto, evidencian “que as receitas de xestión da especie que hoxe en día se presentan e que son análogas ás de hai tres décadas son un fracaso”.  A inclusión do lobo ibérico en dito Listado, suporía un cambio importante para mudar as políticas de protección coa especie, así como para satisfacer e tomar en serio as solucións de coexistencia co gando, obrigando as administracións a preocuparse realmente do que sucede con esta especie.

 

Unha maior protección avalada por expertos

A opción de incrementar o nivel de protección do lobo ibérico xa leva moito tempo demándandose, e non só por entidades e asociación ecoloxistas e medioambientais, senón que tamén os expertos recomendaron en febreiro de 2020 incluir a todas as poboacións do lobo no LESPRE, pois explicaban que a información disponible sobre esta especie, “pon de manifesto a súa importancia como patrimonio cultural, científico, así como os servicios ambientais que produce a presencia deste carnívoro nos ecosistemas naturais”.

Este informe científico incluiuse amais no seu día no borrador da nova Estratexia para a Conservación e Xestión do Lobo en España, revisado polas comunidades no pasado mes de novembro. Importante destacar neste punto, que a actual estratexia está caducada dende o 2015, pois o prazo de vixencia expirou aos 10 anos. O borrador incorpora tamén o criterio dos expertos no que inciden en que todas as poboacións do lobo, isto é tanto ao norte como ao sur do río Duero, deben ter o mesmo estatus legal.

Lembrar que en España o estatus de protección do lobo é diferente entre o norte e o su do Duero. Mentras que no norte as poboacións pódense cazar, no sur, ao estar catalogada como unha especie de interés comunitario, é un animal protexido.

Na actualdiade, existen preto de 300 mandas desta especie no noso país, segundo o último censo nacional que se realizou no 2013-2014, e coa nova estratexia (borrador) pretenden chegar ás 350 mandas de lobo en España para o 2030, así como reducir a súa persecución ilegal e aumentar entre un 10 % e un 20% a área de distribución actual para ese mesmo ano. O documento propón amais favorecer corredores ecolóxicos para romper o efecto barreira entre os distintos núcleos de animais, e crear bosques-illa en zonas agrícolas que sirvan de áreas de refuxio e reproducción.

O lobo e a súa contribución aos ecosistemas naturais

O lobo ibérico é unha subespecie do lobo gris (canis lupus), endémica da península Ibérica. O seu nome científico ven dado polas manchas oscuras que locen na súa parte anterior, e ainda que históricamente se distribuía por toda a Península, na actualidade mantén poboación ao norte do Duero, mentras que no sur ésta é moi fragmentada.

Trátase dun dos poucos gran depredadores que existen na Península e aliméntanse das presas que caza (grandes herbívoros como o xabaril ou corzos e otros mamíferos máis pequenos), e en ocasións pode competir pola carroña de animais que morreron de xeito natural.

 

Na actualidade, son varios os traballos científicos que demostran a importancia que os grandes carnívoros, como é o caso do lobo, teñen para a conservación e restauración da biodiversidade. Traballos científicos internacionais suxiren que a funcionalidade do lobo promove a conservación e a recuperación da biodiversidade, entendida a mesma como riqueza de especies e interaccións mutuas.

O lobo é clave no equilibrio dos ecosistemas (regulan as poboacións doutros animais silvestres e evitan a propagación de enfermedades ao gando), incluso en ambientes humanizados e alterados, por iso dende asociacións como ASCEL (Asociación para la Conservación y Estudio del Lobo Ibérico), insisten en que “non deben ser as persoas os que regulen as súas poboacións, senón o propio sistema no que habitan”, é máis “teñen mecanismos propios de autocontrol dos seus números e densidades, como poden ser a dispoñibilidade de presas silvestres, enfermidades, accidentes durante a depredación” e a mortalidade derivada dos problemas territoriais entre eles.

Pero esta contribución aos ecosistemas naturais, vése ameazada pola actividade humana. Ata comezos do século XX, esta especie poboaba a maior parte das terras do sur dos Pirineos, pero dende aquela sufriu unha gran persecución, modificándose polo tanto as condicións que precisan para o seu desenvolvemento. Na actualidade, as principais poboacións localízanse en Castela e León, Galicia, Cantabria e Asturias, e otras mási reducidas en zonas de montaña cercanas como o País Vasco, Rioxa, Guadalaxara e o norte de Portugal, e de forma máis illada no norte de Andalucía pola Submeseta sur. Despois de estar ao borde da extinción en 1970, a caza do lobo ibérico está permitida, a día de hoxe, no norte de España.

O lobo é o único gran carnívoro non protexido no noso país, mentras que en noutros do noso entorno como Italia ou Francia, si o está e nunca será unha praga, ainda que non se poida cazar.

O lobo en Galicia

En Galicia loalízanse boa parte dos exemplares de lobo ibérico que hai en España, pero con todo dende ASCEL, non diferencia a situación desta especie do resto de comunidades, pois trátase “dunha única poboación, que se atopa, en virtude dos dous únicos censos válidos efectuados cun intervalo de vinte e seis anos, estable”.

Segundo o Grupo Lobo Galicia, vinculado á plataforma Censo Lobo Ibérico, cifra o número en 90 familias compostas por preto de 700 exemplares, isto segundo as contas da Xunta de Galicia.  Sendo na  Serra do Xistral, Serra da Loba, Serra do Xurés, Serra do Courel e na Serra do Larouco e Leboreiro onde destaca a súa presenza. Con todo, hai unha media de 3 a 5 lobos por grupo, unas cifras que quedan moi por debaixo da media que recoñece a administración de 7 a 8 lobos.  Esta diferencia entre administración e a asociación débese sobre todo a que a administración galega tan só se guía polos censos que se realizan duranto só dous anos, de maneira indirecta e tomando como referencia cardinal a época reproductiva polo que inclúe aos cachorros, os cales teñen unha alta mortalidade e son poucos os que por diferentes causas conseguen saír adiante. Isto é, non son datos reais senon aproximados.

Hai que destacar que o impacto do lobo sobre a gandería galega é mínima. Segundo datos achegados por ADEGA, considerando o valor de mercado das máis de 900 mil reses rexistradas na Galiza, a incidencia do lobo sobre o mesmo tería un impacto económico dun 0,037%, de aí que as batidas desta especie non están xustificadas polo seu impacto no sector gandeiro.

Sen embargo, o lobo vive baixo ameazas constantes, sobre todo por cazadores furtivos. Lembremos, que hai unas semanas, un lobo xoven foi abatido de forma ilegal nun monte de A Estrada, tal e como denunciamos dende a Asociación Galicia Ambiental. Estímase que cada ano entre 200 e 300 son cazados de xeito furtivo con menos dun ano de idade, o que merma a superviviencia desta especie. Outros dos impactos negativos sobre o lobo , é a degradación do seu hábitat pola eucaliptización e a proliferación de parques eólicos, dous factores que axudan á extinción da especie, xunto cos atropelos ou o abandono do rural.

Back To Top