skip to Main Content
O IDAE Ofrecerá Axudas Públicas A 14 Proxectos De Enerxías Renovables Térmicas E Eléctricas En Galicia

O IDAE ofrecerá axudas públicas a 14 proxectos de enerxías renovables térmicas e eléctricas en Galicia

O Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) seleccionou provisionalmente 14 proxectos de produción de enerxía térmica cunha proposta de axuda de 6,8 millóns de euros. Trátase de resolucións provisionais cofinanciadas por fondos FEDER da Unión Europea. O valor total das axudas é de 11,5 millóns de euros, repartidos entre Galicia, Cataluña (1,6 millóns de euros) e Aragón (3,2 millóns de euros) para un total de 62 proxectos. Así, a comunidade galega é a que contará cunha maior subvención. As resolucións provisionais sobre estas solicitudes de axudas públicas irán destinadas a firmas galegas como Hijos de Rivera ou Frigoríficos Bandeira, así como ao Concello de Lugo.

 

Entre as actuacións subvencionadas provisionalmente en Galicia, destaca o uso da xeotermia para satisfacer as demandas térmicas de edificios destinados ao sector servizos e o industrial, cunha potencia conxunta de 1,2 MW e unha axuda de 1,2 millóns. Ademais, destacan outras tres actuacións que propoñen o uso da biomasa como combustible, e que permitirán o subministro de auga quente sanitaria e calefacción a distintos edificios na cidade de Lugo. Estes proxectos presentan unha potencia instalada de 23 MW e contan cunha axuda provisional de 3,16 millóns. Entre eles destaca Estrella Galicia, que recibirá 1,17 millóns de euros para construír unha planta de biomasa na súa fábrica de Agrela de 6,17 MW.

 

Do resto de actuacións en Galicia destacan os 1,37 millóns destinados a unha planta de produción de biogás para satisfacer a demanda térmica dos procesos en Frigoríficos Bandeira, unha industria de elaboración de produtos cárnicos; e os 850.000 euros dirixidos a unha planta de depuración de biogás para aproveitamento enerxético en Lugo. En total, os proxectos ubicados en Galicia suporán unha potencia total de 27,9 MW.

Back To Top