Saltear al contenido principal
O Barco Rainbow Warrior Chega A Vilagarcía De Arousa Para Loitar Contra A Crise Climática

O barco Rainbow Warrior chega a Vilagarcía de Arousa para loitar contra a crise climática

O buque insignia de Greenpeace, o Rainbow Warrior, ten prevista a súa chegada na mañá do 25 de xullo a Vilagarcía de Arousa, coincidindo co día grande de Galicia. Esta será a última parada do veleiro ecoloxista do seu tour por disitintas cidades españolas para demandar accións urxentes contra a crise climática.

O obxectivo da visita do Rainbow Warrior, que se alargará ata o vindeiro 30 de xullo baixo o lema “Cambia a enerxía, non o clima”, é achegar á sociedade a súa campaña de denuncia das graves consecuencias do cambio climático. Greenpeace quere destacar a urxencia de actuar contra o cambio climático e como, “ante a falta de acción política” son os propios cidadáns os que toman as rendas. Amais, a bordo do buque, Greenpeace informará a todos os que se acheguen estos días a Vilagarcía, das opcións dispoñibles para a participación cidadá activa na transición enerxética. Para elo, contará coa presenza de diferentes colectivos movidos polo mesmo interese de combater o cambio climático.

Malia que nun principio o amarre do Rainbow Warrior ía ser en Vigo, as diferenzas co presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga, fixo que a organización ecoloxista tivese que mudar de plans hai uns días. Con todo, isto non impedirá que os galegos formemos parte da loita contra o cambio climático.

As persoas que o desexen poderán visitar o barco no peirao de O Ramal nas xornadas organizadas de portas abertas o sábado e o domingo. Amais, o Rainbow Warrior organiza para a mañá do venres 26 de xullo un taller- mesa redonda de iniciativas de enerxía cidadá para participar no impulso ás enerxías renovables, que será aberto ao público e con previa inscrición.

Volver arriba