skip to Main Content
Lei De Cambio Climático E Transición Enerxética: Unha Oportunidade Perdida Para Un Futuro Sostible

Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética: unha oportunidade perdida para un futuro sostible

Este pasado xoves, 8 de abril, a nova “Ley de Cambio Climático y Transición Energética” foi aprobada na Comisión de Enerxía e Clima do Congreso.  Agora o Senado terá que dárlle o visto bo, e no caso de non incluir modificacións, a lei quedaría aprobada previsiblemente en maio.

En liñas xerais, o seu obxectivo é a de “axudar” a España a cumplir os seus compromisos internacionais (Acordo de París) na loita contra o cambio climático e alcanzar antes do 2050 a “neutralidade climática”, isto é, que o país emita só os gases de efecto invernadoiro (GEI) que poidan ser absorbidos.

Sendo esta lei moi necesaria, o caso é que non cumpre cos seus compromiso de desenvolvemento e ambición ante a emerxencia climática na que estamos inmersos. Os prinicipais obxectivos que persegue quedan moi lonxe das propostas vidas da Comisión Europea. E son moitas as organización ecoloxistas e ambientais que, aínda que aplauden a súa aprobación, califícana de pouco ambiciosa, de non seguir as recomendacións da comunidade científica que levan anos advertindo da urxencia de levar a cabo unha drástica reducción dos GEI, de chegar tarde e de non estar en consonancia coa emerxencia climática á que nos enforntamos, comprometendo así o futuro das novas xeracións.

 

As medidas

Estas son algunhas das medidas máis destacadas do documento, que deberá pasar aínda polo Senado, de xeito moi resumido:

1.- Neutralidade climática a 2050 co 100% da electricidade xerada con fontes renovables.

2.- Obxectivos da lei para 2030: reducir un 23% as emisións de gases de efecto invernadoiro respecto a 1990; elevar ata o el 74 % a xeración de electricidade con enerxías limpas y mellorar o obxectivo de eficiencia enerxética ata o 39,5%. Destaca neste punto que o Consello Ministros podería revisar, á alza, estes obxectivos para o 2030, unha primeira revisión en 2023, que denota xa a pouca ambición coa que se aproba a Lei.

3.- Prohibición de sondeos e prospeccións de combustibles fósiles: non se tramitarán  solicitudes de explotación de hidrocarburos -en terra e mar-, nin se outorgarán permisos de explotación de materiais con propiedades radiactivas; tampooco se autorizará actividades de explotación de hidrocarburos onde esté previsto o uso do “fracking” (técnica para posibilitar ou aumentar a extracción de gas e petróleo del subsolo).

4.- Respecto aos coches, e de acordó coa norma europea de descarbonización a 2050, a lei sinala que os turismos e vehículos comerciais lixeiros, non destinados a usos omerciais, reducirán paulatinamente as emisión (para 2040 sexan de 0 emisións).

5.- Obrigación para 2023 de crear zonas de baixas emisións nas cidades de máis de 50.000 habitantes, co fin de reducir a contaminación atmosférica e as emisións de CO2 e favorecer a mobilidade eléctrica e transporte público.

6.- Consideración do cambio climático na planificación e xestión do dominio público marítimo terrestre.

7.- Impulsa a rehabilitación enerxética dos edificios, vixilancia dos impactos do cambio climático na saúde pública e na consecución dunha dieta alimentaria sostible e prioriza os bosques como sumideiros de carbono.

8.- O desenvolvemento das renovables deberá ser compatible coa conservación do patrimonio natural e con combater o deterioro demográfico. Un punto, tendo en conta as últimas pretensións como a de tramitar a construcción dun megaparque eólico no Deza, non parece ir en consonacia coas actuacións.

9.- Creación dun comité de expertos científicos en clima e transición enerxética como órgano responsable de evaluar e fcer recomendación nesas cuestións.

10.- Plantexa amais compromisos clave de futuro como unha lei de mobilidade sostible, unha revisión do sistema enerxético e un impulso ao ferrocarril como transporte para reducir emisións.

 

Unha lei pouco ambiciosa coa que se perde outra oportunidade para un futuro sostible

Esta é o que manifestan moitas organizacións ecoloxistas e ambientais ao respecto da Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética. Falta de ambición, de non ser coherente coas demandas da comunidade científica nin coa realidade de cambio climático ao que nos afrontamos na actualidade. “O problema é que esta lei parece sacada de hai 10 anos e xa non podemos permitirnos máis tempo e demora” explican Juventud por el Clima, “esta lei chega tarde”.

Juventud por el Clima – Fridays For Future España, destaca que a proposta de redución dun 23% dos gases de efecto invernadoiro con respecto ao 1990 para 2030 é insuficiente, “a ciencia pide polo menos unha redución do 7’6% anual (o que levaría a España a un 55%). Redución que cada vez esixe máis contundencia debido a que as condicións climáticas empeoran exponencialmente cada ano que pasa”. “Denunciamos a falta de ambición no obxectivo de redución de emisións de GEI chamando a un mínimo do 55% para o ano 2030 como marca a ciencia e demanda a cidadanía” puntualizan Amigos da Terra.

Neste senso, a norma tamén prevé aumentar a penetración de renovables no consumo de enerxía final do 35% ao 42% para alcanzar en 2030 un sistema eléctrico co 74% de xeración de renovables.”Necesitamos alcanzar o 100% de enerxías de orixe renovable no consumo de enerxía final para o ano 2040 e un sistema eléctrico 100% renovable para o ano 2030” sinala Amigos da Terra.  “É dicir, estes obxectivos igualáronse cos contados no PNIEC (Plan Nacional Integrado de Energía y Clima)menos o de electrificación da demanda de enerxía, que segue sen aparecer no articulado” indican dende Fundación Renovables, e lembran que poder realizarse “unha primeira revisión en 2023 dos obxectivos, denota en si mesma a pouca forza e ambición coa que se aproba a Lei”. Non é só que nos quedemos relegados dos obxectivos definidos pola Unión Europea do 55% de redución de emisións para 2030, senón que se sigua sen apostar decididamente pola mellora do aire nas nosas cidades e, consecuentemente, da saúde da cidadanía”, engaden. “Parecese ser un lavado de cara ante a sociedade e un contrato para o mantemento do statu quo dos grandes poderes” apunta Cristina Alonso, responsable de Xustiza Climática de Amigos da Terra.

 

Freo aos combustibles fósiles para combater a urxencia climática

A Proposta de Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética foi presentada cun cambio do seu Artigo 11. A modificación do término “transporte aéreo” por simplemente “transporte” abre as portas ao uso do gas en todo o sector transporte.

“Non se pode frear a urxencia climática apoiando os combustibles fósiles. Este cambio no texto responde soamente aos intereses da industria do gas” sinala Cristina Alonso (Amigos da Terra). Engaden dende a Fundación Renovables que “isto supón unha porta traseira para a entrada do gas que pode desacelerar a transición enerxética“.

Para Juventud por el Clima, “xa non hai tempo para andar aplacando ao lobby do gas, nin para andar xogando con obxectivos que “poderían ampliarse” sen asegurar unha mínima calidade de vida nos anos que veñen”.

“O uso de combustibles como o gas debe estar moi restrinxido a sectores industriais de difícil reconversión. Esta decisión deixa claro cal é o camiño que se esconde tralo que chaman unha Lei de transición enerxética. Imos en dirección contraria ao Acordo de París” puntializa Amigos da Terra.

 

Son moitos os puntos da Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética que se poden mellorar para apostar de forma clara e ambiciosa por un futuro sostible, pois parece que esta norma, que nas vindeiras semanas podería aprobarse no Senado, chega tarde e non está á altura da ciencia, a xustiza social ou a loita climática.

 

 

 

Back To Top