Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


A Serra da Capelada

A Serra da Capelada, os acantilados máis altos da Península

A Serra da Capelada, que comprende a franxa costeira que se extende entre a ría de Cedeira e a de Ortigueira está  situada no norte da provincia de A Coruña. Abarca uns 32 km de fronte e conta coa protección específica dos Lugares de Interese Comunitario (LIC).

Trátase dun lugar que constitúe o tramo máis abrupto das costas cántabro-atlánticas. Nel atópanse algúns dos cantís mariños situados entre os de maior altura da fachada atlántica europea, como os de Vixía Herbeira ou Monte do Limo, superando os 200 m en case todos os puntos. Aínda que hai poucos illotes, algúns amosan un gran desenvolvemento vertical. Forman impresionantes farallóns, como os da Pena Gabeira, preto de San Andrés de Teixido, e os Aguillóns de cabo Ortegal.

A gandería extensiva en semiliberdade é un dos atractivos da zona. Os cabalos semisalvaxes atopan na serra un lugar idóneo onde vivir lonxe da acción directa do home e dispoñen de pastos suficientes para desenvolverse con toda tranquilidade e seguridade, en convivencia co gando vacún que tamén ten una presenza importante nos seus montes. O lobo e o corzo, en recuperación favorecido polo pasto da gandería en semiliberdade, son outras das especies presentes.

Os fieitos son a especie vexetal máis representativa da Serra da Capelada, na que existen máis de 30 especies e subespecies de pteridófitos, cifra que representa a maior pteridoflora documentada en Galicia.

En canto ós perigos ambientais, esta zona da costa coruñesa alberga algún dos parques eólicos máis grandes de Galicia, un factor que provoca un forte impacto visual e paisaxístico na zona. Por outra parte, como consecuencia do aproveitamento forestal, a parte media e alta da serra está poboada prácticamente polo pino como única especie, mentras que na parte baixa o eucalipto ten cada vez máis presencia, coas conseguintes limitacións á biodiversidade que elo conleva.

Ver: os dous puntos xeográficos máis emblemáticos da Serra da Capelada son o Cabo Ortegal e os seus aguillóns ou farallóns. Os acantilados, sinalados como os máis altos de Europa, son outro dos seus maiores atractivos. Ademais, aquí atópase un dos máis impresionantes miradores naturais sobre o océano Atlántico, o Mirador de Herbeira, dende o que se observa como se alternan pequenas calas con praias pedregosas ós pés dos cantís.

A Aula do Mar de Cariño é outra das nosas recomendacións para coñecer a Serra da Capelada a través de diversas actividades desenvoltas en plena natureza. San Andrés de Teixido, ó que segundo o refrán “vai de morto quen non foi de vivo”, é un lugar rodeado de lendas e misterio. Convirtese en parada obrigatoria para todos os visitantes que acoden á Capelada, que tampouco deben de deixar de visitar a aldea na que se atopa este lugar de peregrinación e que leva o mesmo nome.

Chegar: os núcleos de Cedeira e Cariño están conectados por unha estrada que une os dous municipios polo vértice máis montañoso da Serra e a través da que podemos accede a todos os puntos de interese do macizo.

Comer: tanto en Cedeira como en Cariño se pode desfrutar compaxinando os productos do mar e da terra nos seus restaurantes. O corzo, en tempada, é un dos pratos a destacar mentras que en canto ós mariscos o percebe é o rei, tendo una festa propia no concello de Cedeira. O peixe fresco ou en conserva é outra das especialidades da zona. En canto ós postres, destacan as chaolas, receita exclusivamente cariñesa propia do entroido que se degusta durante esas datas en todos os restaurantes e fogares da vila.

Aloxamento: aínda que non son abundantes, cabe destacar as casas de turismo rural e os acolledores hostais e hoteis que hai nas dúas vilas situadas nos extremos da Serra, Cedeira e Cariño, como unha boa opción para facer noite na zona.

Créditos:
Texto: Redacción Fotografía Cabeceira: Fuente: Adbar Wikimedia

Comparte esta noticia