Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


Traballadores de SOGAMA piden o amparo do BNG ante as súas pésimas condicións laborais

Traballadores da instalación de SOGAMA diríxense a grupos parlamentarios da oposición (BNG) para denunciar e pedir o seu amparo ante as nefastas condicións laborais que existen na empresa. Así, indican que a compañía sacou a concesión as diferentes partes do complexo: A PRT e a PCM tenas UTE Valtalia, mentres que a incineradora (onde se xera electricidade) tena UTE Energía, ambas do grupo Valtalia (o cal deriva de Copasa). Porén, para Valtalia “non parece existir o estatuto dos traballadores nin ningunha lei”. A Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA) é unha empresa pública autonómica, creada en 1992 polo Decreto 11/1992 da Xunta e adscrita á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Polo tanto, concíbese como un instrumento operativo ao servizo da política ambiental de Galicia e ao servizo do Goberno da Xunta.

Neste sentido, os traballadores non teñen rexistro de entrada nin de saída (non se ficha). Unicamente SOGAMA ten un control de acceso sobre as instalacións. Por outra banda, o persoal de produción “fai horas extra a destajo, cando pasan de 80 metenas disfrazadas na nómina en distintos públicos”. Tampouco se respetan as 12 horas de descanso entre xornadas: “Pode saír un palista ás 6 de mañán e chamalo para facer o turno de tarde das 14 horas ata as 22 horas. Todo en horas extras”. Ademais, o persoal de produción fai turnos 7/5, é dicir, traballa sete días e logo descansa cinco, mais neses días de descanso “van facer horas extras”. De feito, “chegan a facer horas extras en días de vacacións”. Os traballadores de SOGAMA subliñan que, con esta situación, a empresa está defraudando á Seguridade Social e a Facenda.

Por outra parte, denuncian que os camións internos das instalacións non teñen tarxeta e, na sección de mantemento, os tres responsables “teñen un retén encuberto”, estando de garda tódolos días de noite e os fins de semana. En canto ao persoal de mantemento eléctrico, traballan toda a semana e o fin de semana e, de novo, todo en horas extras. Segundo os traballadores, UTE Valtalia soluciona todo con horas extras, mais logo ten “subcontratas en clara cesión ilegal”. A Simgaltec, Nasoult, Talleres González e Rommel “fanlle traballar xornadas de 12 horas, como se fose normal”. Ademais, polas noites e durante o fin de semana teñen que estar pendentes do teléfono por se existe algunha avaría. Tamén destacan que este persoal ten “os eventuales, eles chámanlle bolsa de traballo, que non é ningunha bolsa”. Indican que non está publicada en ningún lugar e non se saben as condicións para estar apuntado nela. “E todo por enchufismo e comprar vontades”.

Os traballadores resaltan novamente os “contratos irregulares, danos de baixa, alta, sen respectar nin descansos, nin nada”. Ademais, denuncian esas horas extra que non poden facer debido a ser traballadores nocturnos. “Todo isto pasa nunha empresa pública galega, nun modelo a seguir”. Así, piden ao Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG) que denuncien esta corrupcións “e lle tiredes das orellas á Consellería de Medio Ambiente e a SOGAMA”.

Comparte esta noticia