Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


O Grupo Parlamentar do BNG pide un novo Plan de Residuos Industriais de Galicia por caducidade do actual

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa dos deputados Luis Bará Torres e Paulo Ríos Santomé e da deputada Alexandra Fernández Gómez veñen de presentar unha Proposición non de lei para debate en Pleno. En canto á exposición de motivos, o BNG indica que o Plan de Residuos Industriais de Galicia (PRIGA) remata a súa vixencia no ano 2022, polo que “é o momento de facer avaliación dos seus resultados e de elaborar a partir destes obxectivos, as liñas de actuación e as medidas do novo Plan”.

O BNG indica que, logo de 5 anos de vixencia, o Plan “deu moitas mostras de esgotamento e de falta de solucións a graves problemas relacionados cos residuos industriais non perigosos”. Así, unha das principais problemáticas está relacionada co “esgotamento de instalacións de xestión de certos tipos de residuos e a utilización como alternativa de ocos mineiros, sen as necesarias garantías ambientais e con unha forte conflitividade social”.

Ademais, o Grupo Parlamentar subliña que nos últimos anos introducíronse diversos cambios normativos e novidades que “obrigan a unha profunda revisión das políticas en relación con estes materiais”. Deste xeito, un dos cambios máis importantes ten que ver cos principios da economía circular, que son unha oportunidade para fixar novas metas en relación coa reutilización de materiais que agora son eliminados ou depositados en vertedoiros. Por outra banda, outro dos principios relevantes está relacionado coas políticas de prevención e redución de residuos, “que deben fixar metas moito máis ambiciosas”.

Por todos estes motivos, o Grupo Parlamentar do BNG presenta a seguinte proposición non de lei para debate en Pleno:

“O Parlamento insta a Xunta de Galiza a:

  1. Presentar no parlamento un informe de avaliación do período de vixencia do PRIGA que inclúa:
  • Informes previstos no seguimento da planificación, incluíndo os informes anuais 2017-2021 e o Informe de revisión do plan.
  • Infraestruturas de xestión de residuos e principais necesidades nesta materia,
  • Grao de cumprimento dos obxectivos estratéxicos.
  • Grao de cumprimento dos programas, liñas estratéxicas e actuacións propostas nos seguintes ámbitos
  1. Programa de prevención de residuos.
  2. Programas de xestión dos RCD, aceites usados, NFVV, vehículos fóra de uso, PCB/PCT, pilas e acumuladores; RAEE; lodos de depuración de augas residuais; residuos agrarios; residuos metálicos; residuos de procesado de recursos mineiros; buques e embarcacións fóra de uso; residuos industriais sen lexislación específica; eliminación en vertedoiro; solos contaminados.
  3. Dar conta das medidas desenvolvidas en relación cos criterios de situación para a identificación do emprazamento e sobre a capacidade das futuras instalacións de xestión.
  4. Unha vez feita a avaliación do Plan, abrir un proceso participativo para a elaboración do novo PRIGA post 2022.”

Comparte esta noticia