Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


O eucalipto e os incendios

Organizan as primeiras xornadas galego-portuguesas contra a eucaliptización e os incendios

As xornadas celebraránse esta fin de semana en Salceda de Caselas e Monçao

30-11-2017

Os colectivos Cousa de Raíces, ADEGA, e a Asociaçao Treze Catorze, en colaboración con Quercus, o Colectivo Matogueira e o Concello de Salceda de Caselas, organizan, esta fin de semana as “I Xornadas galego-portuguesas contra a eucaliptización e os incendios” en Salceda de Caselas e Monçao.

Trátase do primeiro encontro de reflexión entre a sociedade lusa e galega, unidas pola mesmo catástrofe forestal e incendiaria, e coa intención de apostar conxuntamente polo bosque caducifolio e por unha nova política florestal máis sostible.

Inclúese nestas xornadas unha mesa de discusión das estratexias futuras da rede a prol do bosque galego “Cousa de Raíces” e unha charla sobre a Iniciativa Lexislativa Popular que se presentou no Parlamento Galego para fomentar un cambio de política forestal.

O domingo en Monçao, realizaranse dúas actividades de recoñecemento de diversidade (“Bioblitz”) nun bosque autóctono e nun eucaliptal.

A entrada será libre e de balde. Podes consultar aquí o programa completo das xornadas

Comparte esta noticia