Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


O BNG organiza na Eurocámara unha conferencia sobre o impacto da eólica mariña na pesca

O próximo 24 de maio na Eurocámara terá lugar unha conferencia organizada pola eurodeputada do Bloque Nacionalista Galego Ana Miranda «Sobre eólica mariña: cara un novo fracaso ambiental?». Durante o coloquio explicaranse como vai afectar a eólica mariña ao sector pesqueiro. Tal e como expón a eurodeputada galega, non só a pesca galega será unha das afectadas #ante esta problemática senón tamén outros territorios, polo que di que sería conveniente analizar a situación en profundidade.

En Galicia, a pesca é un sector importante xa que a cadea entre industria e mar representa sobre o 4,8% do PIB, conta cunha facturación duns 12.000 millóns de euros, representa máis do 10% da capacidade pesqueira da Unión Europea e conta con aproximadamente uns 64.000 postos de traballo directos. A pesar diso, tal e como denuncia o BNG, o Goberno español quere destinar un 2.200 km² de costa galega para a creación de eólica mariña. Isto supón que Galicia soportaría o 43% da eólica mariña de toda España, o que implica grandes perdas para a pesca galega.

Na conferencia participarán moitos representantes do sector pesqueiro para dar a súa opinión sobre o asunto. Entre eles destaca o presidente da Federación Española de Confradías de Pescadores, Basilio Otero; o portavoz da Plataforma en Defensa da Pesca e dos Ecosistemas Mariños, Torcuato Teixeira; o representante de CIG Mar, Xavier Aboi; o presidente da Confradía da Garda, Rubén Adrover; o presidente da Confradía de Cangas, Francisco Javier Costa; e a presidenta e a secretaria da Confradía de Cedeira, Maria Magdalena López e María Rodríguez, respectivamente. Así como tamén contarán co representante dos sindicatos de pesca de Portugal, Nuno Filipe Moreira; o representante de ADEGA Fins Eirexas; e os deputados do BNG no Parlamento Galego, Rosana Pérez e Ramón Fernández.

Comparte esta noticia