Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


INCENDIOS CADA VEZ MÁIS GRAVES QUE SE ATOPAN EQUIPOS DE EXTINCIÓN CADA VEZ MÁIS ESGOTADOS

As zonas forestais son imprescindibles para a vida no planeta, constituíndo unha parte fundamental nos ciclos de produción e distribución da auga. Os incendios forestais ameazan estes procesos vitais, ocasionando consecuencias devastadoras para o medio ambiente, a saúde e a seguridade das persoas. As elevadas temperaturas propias do verán teñen moito que ver coa causa destes desastres naturais (ao que se unen as condicións meteorolóxicas e climáticas dos meses anteriores), tamén existen outros factores que inflúen en que nos meses estivais se produzan máis incendios forestais.

A educación ambiental levou a unha maior concienciación sobre os perigos do lume no campo e os labores de prevención avanzaron nas últimas décadas, o que deu lugar a un importante cambio: o número de incendios reduciuse nun 34% nos últimos dez anos, segundo os datos de 2021 ofrecidos polo Fondo Mundial para a Natureza en España. Porén, os grandes focos, aqueles que sobrepasan a barreira das 500 hectáreas, medraron un 12% nos últimos dez anos, é dicir, o lume é cada vez máis virulento.

O calor e o proceso de desertificación asociado á crise climática non é o único motivo que contribúe a este feito. Existen outros factores que alimentan este desastre natural que tanto afecta cada ano á península. Un deles é o cambio dos usos da terra e as transformacións económicas e sociais que experimentou a España rural nas últimas décadas. O éxodo rural contribuíu ao abandono dos bosques, pois menos do 20% da poboación vive en pobos e áreas de campo, malia ocupar o 85% do territorio. Deste xeito, existe un descenso das actividades económicas como a agricultura ou a extracción de madeira para quentar fogares, que contribúen á limpeza das matogueiras.

Segundo o Instituto Nacional de Estadística (INE), o censo agrario reduciuse un 7% dende 2009, non só pola crise demográfica, senón tamén pola concentración de terras en modelos latifundistas. Por outra banda, as superficies forestais medran ano tras ano mentres o ser humano se ve desbordado para xestionar uns recursos naturais que rematan convertíndose en combustible seco baixo o sol. Así, o abandono rural é unha das grandes causas do que está acontecendo.

O MITECO indica que outro dos cambios que inflúe no risco de incendios é a concentración da poboación nas zonas urbanas, que vai ampliando a interfaz urbano/forestal. As novas residencias atópanse ameazadas pola espesura da zonas circundantes. Por outra banda, resalta o cambio nas prioridades das políticas forestais, que anteriormente se centraban na produción de madeira e outras materias primas. A diminución nas extraccións de madeira nalgunhas zonas incrementa as acumulacións de biomasa no monte, que teñen unha alta combustibilidade.

Un cúmulo de circunstancias que desembocan no que se deu en chamar: #negociodolume, inversións multimillonarias en extinción e abandono de inversións en prevención activa. Este ano destinase ao sistema de loita contra incendios en Galicia180 millóns€, o que supón 100€ por hectárea forestal existente en Galicia... ese importe equivale a case 60% do valor de venta da madeira/hectárea. Canto máis rendible sería destinar parte dese capital a xestión e prevención (sen confundir interesadamente xestión con rendibilidade e tendo sempre a sustentabilidade – económica, ambiental e social - como base das actuacións).

Precariedade nos servizos de bombeiros forestais

Á crise climática e o abandono das contornas rurais súmase un elemento determinante que ten que ver coa xestión dos recursos de prevención e extinción. Mentres hai cartos “sen límite” para material técnico de extinción (na súa maioría mediante subcontratas), existe un factor determinante para o fracaso do sistema establecido: a precariedade nos servizos de bombeiros forestais e a falta de profesionalización do sector, en gran parte das comunidades autónomas e dende logo en Galicia. Vicente Rodríguez, portavoz da Plataforma de Asociaciones y Sindicatos de BomberosForestales (PASBF), advirte da necesidade dun estatuto propio de bombeiros forestais, para establecer criterios básicos de prevención acordes á circunstancias de cada territorio. Neste sentido, un dos problemas principais é a temporalidade nas contratacións, xa que a maioría dos efectivos concéntranse nas etapas de verán.

Deste xeito, os meses de frío quedan deprovistos, malia ser nestas fases do ano cando se realizan os labores de prevención pasiva. É certo que a extinción é fundamental na temporada de risco de incendios, mais tamén hai que establecer labores preventivas durante todo o ano. Esta falta de personal, en inverno, dificulta a actuación ante a alta demanda de traballo que existe. Así, é imprescindible un maior tempo de traballo e que os contratos dos traballadores forestais non sexan temporais, senón indefinidos.

En verán o desánimo cunde entre as filas do bombeiros forestais. Cando un incendio está “fora de capacidade de extinción”, e por moitos medios que se destinen, pouco ou nada será posible en escenarios como os do outono de 2017 ou o verán de 2022. “Perimetrar” o lume e esperar ou buscar unha evolución cara unha “ventá” favorable é unha das poucas posibilidades para facerlle fronte, ao chegar o lumea unha zona con menos combustible vexetal, en áreas propicias pola orografía ou aproveitando un cambio de vento de novo a zona queimada (polo propio incendio ou por contra-lumes executados polos propios servizos de extinción). Pero aproveitar estás “ventás” dependerá tamén de ter suficientemente descansados e preparardos os efectivos… algo imposible nunha situación de estrés operativo constante, de persoas esgotadas que encadenanturnos e con equipos que acaban por acusar avarias afectados de “estrés mecánico”. Os medios humanos acumulancansancio, enfrontan riscos innecesarios, levan a someter a persoas de máis de 50 anos a esforzos físicos non compatibles coa súa idade... Consecuencia directa:bombeiros forestais desanimados ao ver que o seu traballo non pode co lume. Se nese momento chega esa oportunidade ou “ventá operativa”atopara equipos esgotadose será, na practica imposible aproveitala para controlar un incendio.

O sistema de loita contra incendios, en Galicia, foi “reestructurado” (a peor en moitos sentidos), pola nova Dirección Xeral. Un cambio “cara a galería” para moitos dos axentes implicados, pero sen mellorar a situación humana e profesional dos equipos que acumulan, en moitos distritos, baixas continuadas non repostasde máis do 10%, unha porcentaxe que se mantén continua durante o ano. Dende a Consellería estase a poñer en marcha novas iniciativas como a creación da UIFO, cuxos membros se detraeron dos propios equipos (brigadas) dos distritos forestais, onde seguen a existir os axentes de investigación... no que para moitos foi unha decisión tomada precipitadamente, executada con un proceso de selección escasamente transparente, que reduciuaínda máis os efectivos dispoñibles.

Comparte esta noticia