Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


Encontros Naturalistas

O Grupo Naturalista Hábitat leva a cabo unha nova edición dos seus Encontros

Esta sesión terá lugar o venres na Coruña e versará sobre os visóns para o que contará coa participación do experto Carlos Nores Quesada

23-01-2018

O Grupo Naturalista Hábitat celebra este venres una nova edición dos seus Encontros Naturalistas na Coruña. Os Encontros Naturalistas son unha das máis representativas actividades de divulgación medioambiental que realiza o colectivo periodicamente de cara ós seus socios e ó público en xeral. Poden consistir en actividades ao aire libre ou relatorios que se imparten no seu local, como é o caso.

Nestes Encontros Naturalistas contan coa participación de expertos en multitude de disciplinas, os cales comparten os seus estudos, coñecementos e experiencias persoais cos asistentes, sempre co obxectivo de dar a coñecer e pór en valor o patrimonio natural que nos rodea. Nesta ocasión contarán co Dr. Carlos Nores Quesada, profesor da Universidade de Oviedo, Vicepresidente da Fundación Oso Pardo e experto en bioloxía, distribución e conservación dos mamíferos. O experto abordará a presencia dos visóns en España: o visón americano (Neovison vison), especie exótica invasora na nosa contorna, orixinaria de Norteamérica; e o visón europeo (Mustela lutreola), especie autóctona en grave perigo, cuxas poboacións atópanse en risco de extinción en estado silvestre.

A conferencia terá lugar o venres 26 de xaneiro ás 20:30h no local social do colectivo, sendo de balde e aberta ao público. Así e todo, é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario. As prazas son limitadas. Os socios do G.N.Hábitat terán preferencia para a participación na xornada. En calquera caso, seguirase unha rigurosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado. Así, dende o colectivo pregan que se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, informes deste cambio na maior brevidade posible para que outra persoa poida gozar da xornada.

Para aclarar dúbidas o colectivo está dispoñible no teléfono 981 135 014 ou en inscricion@gnhabitat.org

Ademais o colectivo incorpora información sobre os seus Encontros Naturalistas, así como doutras actividades no seu blog

Comparte esta noticia